A mesa presiona para….que non se utilice linux nas escolas

Sintome estafado pola mesa.
Sempre defendin o apoio que teñen a lingua, pero con decisións asi, a min tamén danme ganas de escribir so en inglés.
A nova da traducción do windows XP o galego, chega moi, moi tarde. Non xa para mín, senon para moita xente que fuxiu dos ordenadores porque estes non falaban na sua lingua. E sei que baixo esta afirmación, os da mesa poderian dicir “precisamente iso e o que prentendemos, queremos que os que utilizan os ordenadores, poidan facelo en galego”.

Na miña opinión, iso e hipócrita. Ou ben e que descoñecen onde vivimos. Estaría ben esas afirmacións se viviramos en Suecia. Ogallá que cambie a situación. Pero nunca o fará dese xeito.
Presionar a MS co apoio do software libre, e o recoñecemento implícito do uso deste como algo real na nosa terra. E se así e
¿Por qué non o apoian?
O apoio do software libre , teria que estar a marxe de distribucións, grupos políticos e institucións, e algo do que todos saimos beneficiados.
Supoño que é hora de unirse e tornar as estratexias.
Antes farei unha paréntese

Son usuario de mac, e nel utilizo tanto o Mac OS X -que coma sabedes e un BSD , coma o linux-. O que vou. O Mac OS X ten un apartado para configura-los idiomas, de xeito que cando instalas unha aplicación, esta moitas veces ten varias traduccions, e ponse un idioma ou outro segundo a lista das preferencias do sistema operativo. Dita lista de idiomas e enorme. Nos idiomas españois, aparecen o castelán, o catalá, o euskera…….¡pero non aparece o galego.
E dicir, e ata aparece o irlandés (gailge), con non moitos falantes ( por certo:eu inda non atopei nengunha aplicación feita en irlandes para este operativo, pero o dia que un desenrolador se decida a facela, poñerase a iso e punto. Pero eu se mañá quero facer unha aplicación que utilice todo este tema dos instaladores, en fin, que o galego non aparece.
¿Puxose a mesa en contacto con Apple? Ata onde eu sei, non.
E tampouco para pedir un Mac OS X en galego. Por un sistema operativo comercial ben feito, e con parte dos compoñentes -darwin- de código aberto, e pasan.

Non sei a vos, a min a mesa non me preguntou nunca as ventaxas ou inconvintes que ten o código aberto, pero inda asi dou un adianto.
Ese sistema de desenrolo, fai que eu cando utilizo linux, poida utilizar un navegador en galego.
Ese sistema de desenrolo, fai que inda que utilice un operativo propietario, poida utilizar un navegador traducido o galego. Coma eu co MacOSX e o mozilla, ou moita xente co guindos e o mozilla. Se os da mesa soubera a cantidade de xente que rematou instalando linux no seu equipo , despois instalar o mozilla para guindos , e comezar a preguntarse por qué non, de seguro que hoxe serían os primeiros en apoiar o uso do software libre.
Como xa dixen noutrora, a administración estase a gastar cartos en licencias que poderia gastalos en formación, en traducción, etc.
Con proxectos de traducción a nosa lingua de aplicacions de código aberto, queda polo chan todas esas “imposibilidades técnicas” das que MS falou moitas veces. E que non pida unha millonada por facelo.
A min non me saen as contas estar buscando traballo, e que diga que non hay persoas cualificadas, ou que levaríalle moito tempo e cartos, etc.
E ise , e outro máis dos motivos para utilizar nesta terra os BSD, linux, etc: permitenos ver a situación dende dentro, ver o que é real e o que non, e asi poder comparar a próxima vez que alguen nos diga que “para facer X cousa, hay que usar o producto de X”.
As veces sí, pero non sempre é así.

Xa se foron apuntando ideas que parecenme estupendas. Estratexia da difusión.
E admito que eu, cando escoitei o da mesa e MS, viume algo a cabeza, e penso tentar facelo. E dame igual que estea xa feito, ou que o final todo quede en nada. Quero tentalo.
Un cede arrincable en galego, mais que utilice linux
Pouco, pouquiño a pouco, que todo sabemos o que e facer as cousas con paciencia.
Pero sen pausa.
Se isto fora una peli ianki, diria que con aquela pseudoamenaza, o único que conseguiron foi crear un feixe de enerxia que tirará inda máis para adiante. Se aqui alguen pensa (MS, mesa) que a xente reaccionaria deixando todo, equivocase.
[mode mutante desvariado on]
Un podera rematando exiliado para atopar traballo, pero hay cousas que non teñen precio. -Inclúome
[mode mutante desvariado off]

Vou deixar unha reflexión para a mesa.
Nun pobo aló arriba, teñen problemas para cambiar de ms a linux. E outros motivos técnicos aparte, e que moitos teñen medo a non saber manexar outros operativos, o reves do que soe suceder o que aprendeu con outras ferramentas libres e faslle cambiar, posto que non da nada por feito, e tradúcese o final nunha maior capacidade de adaptación e maior competitividade.
Os rapaces de agora son o futuro de mañá, e a traducción de MS e so unha excusa para que o dia de mañá, eses cativos teñan que utilizar unhas licencias que pagamos todos.

[Publicado coma comentario no glug]

Os comentarios están pechados.