Albert Speer: Memorias. Erinnerungen.

Albert Speer: Memorias
Image
Erinnerungen
Este fin de semana estiven a ler as Memorias de Albert Speer. Un libro que xa agardaba ler dende hay moito: Ver “O afundimento”, decidiume a facelo.

A edición que lin, foi a traducción o castelán (non tiña libre máis que unhas horas do fin de semana para ler as 933 páxinas) da editorial El Acantilado. O texto non so me gustou, fixoseme curto.

Albert Speer foi un arquitecto alemán, que estivo vinculado o partido NSDAP dende coezos dos anos trinta. Co tempo, tivo unha relación máis forte con Adolf Hitler, e o final, rematou facendo unha gran cantidade de proxectos arquitectónicos para o réxime alemán. Mentres o lía, asi como as suas referencias a Mies van der Rohe, ou Peter Berhens, lembreime de cando estudiei -mentres estudiaba deseño gráfico na escola de artes de Oviedo- , a arquitectura do século XX, – co mestre Alfredo Navarro -, e matinei na razón de que Albert Speer fose para min so unha pequena referencia, posto que so coñecía seu traballo para a cancilleria alemana en Berlín, e algunha foto dunhas maquetas.

A figura pública de Speer e o mito de ser o arquitecto de Hitler. Coma el mesmo ben aclara, e non rexeita, se Hitler tivese amigos, un deles sería el, máis a figura histórica de Speer e suficientemente complexa para non poder resumilo deste xeito. Sería coma calificar a Susan Sontag coma a derradeira disidente dos Estados Unidos (que é o que dixo María Ramírez para El Mundo). Speer para moitos, e o millor arquitecto do século XX. Non sei se poderíamos chegar a esa afirmación, pero despois de comezar a ver a sua obra arquitectónica a través das suas memorias, coido que motivos non lle faltan, máis que coma teórico (Van der Rohe), coma proxectista, pola entidade do seu proxecto de Berlín, ou os proxectos para Nuremberg.

Supoño que isto é como cando se fala do feísmo [feismo: termo que inventei aló por 1997 para chamarlle a toda a arquitectura da cidade e do rural, durante a dictadura de Francisco Franco, que posue unha falta de referentes coa arquitectura anterior . Co tempo, dinme conta que , de xeito paralelo, outros autores e autoras, empregaron este mesmo termo, e co mesmo concepto ca min] Por noxo ou vergoña, omítese, pese a sua importancia.
Falarei de arquitectura galega un anaco: en Santiago de Compostela estanse a facer unhas construccións (seis edificios , no monte das ghaias) que chamaranse ” a cidade da cultura “. O uso final parece ir co título: alí estarán moitas cousas da cultura galega. Máis eu non sei moito do tema. Comezaron aló por 1999, onde rexeitaron unha proposta de César Portela, para escoller finalmente o de Peter Eisenman.
Peter Eisenman, quixo facer tamén alí unha homenaxe a John Hejduk.
Para min, a obra de John Hejduk destaca porque adicabase a facer unha arquitectura que carece de valor útil, e tanto lle tiñan os materiais ou a cultura no cal desenvolver seus proxectos. Os seus edificios estaban a marxe de deseños pensados no práctico.
De Portela, que citei antes, so direi que cando quixen ir ver seu cemiterio de Fisterra, chamoume a atención que a pista sen asfaltar que da acceso, estaba chea de regos feitos pola chuvia, posto que carecía de regos transversais, para levar a auga, algo que xa che ensina tua avoa cando xogas con ela a facer regos de patacas.
O cemiterio de Portela gustoume, máis estes detalles tamén teñen sua importancia.
A miña opinión sobre a cidade da cultura de Compostela e clara: parece unha homenaxe o feismo galego.
A homenaxe a John Hejduk e tamén outra homenaxe o feismo galego, ou seña, a homenaxe a emigración, a ignorancia, o noxo que provocou o noso trauma colectivo de rachar co noso cerne, a do funcionario acomplexado que o destinan a Galiza e que despois víngase pensando que , coma tamén di o funcionario acomplexado galego, calquer cousa de fora é o millor.

Detras de cada aldea hay unha obra de Hejduk.
Tras cada obra oficial, hay unha mariscada que nombra o seu Eisenman.
Portela está infravalorado, e o pobo está acomplexado.
Merecemos ter libros de Taschen sobre o feismo galego. Ou seña, que eu tamén merezo meu curruncho na Taschen.
E tamén merecemos que alguén en Estados Unidos faga homenaxes a arquitectura galega, ¿Qué e se non que un arquitecto estadounidense homenaxee outro arquitecto estadounidense nun sitio que é sobre a cultura galega?

Pois algo asi sentín o comezar a ler a obra de Albert Speer. A sorpresa.

Na primeira parte, na que descrebe a serie de edificios rematados, e proxectos para a cidade de Berlín, impresiona a calquer estudiante da arte ou da arquitectura.
Descubro que foi el o que fixo o Zeppelinfeld, grandemente influido polo altar de Pérgamo,no que se celebrarían os congresos do partido en Nuremberg. Verdadeiramente, aquel entorno de bandeiras de dez metros e focos cara o ceo, foron un dos grandes japenins do século XX.
Foi unha sorpresa ler a narración do que sería unha especie de nova acrópole contemporánea en Berlín: unha sala de congresos de 230 metros e 120 de altura, para 150.000 persoas de pé, ou o novo pazo dos deportes de Nuremberg, que sería a maior instalación deportiva de todo o mundo. Coma ben dí Speer, non eran proxectos irrealizables, como pasara noutros momentos da historia, senon que eran totalmente posíbeis. De feito, en Berlín comenzáranse as prospeccións e derribamentos para facer espacio as obras, e en Nuremberg comezaran a facer as obras.

QUOTE:

Peter Behrens, maestro de Gropius, e Mies vand er Rohe farían, propostos pola AEG, seu contratista habitual, a construcción na gran avenida dos novos edificios administrativos desa firma comercial”

Despois ven unha segunda parte, da época na que Speer introducenos nos anos nos que estivo de ministro do armamento ,

QUOTE:

Lenard dixeralle a Hitler que os xudeus exercían unha influencia perniciosa na física nuclear usando a teoría da relatividade

Con frases así vese que baixo a excusa de dictaduras , democracias ou partidos, hay sinxelamente loitas de intereses persoais.

Respecto a bomba atómica alemana, eu sempre defendin a tese de que podian facela, inda que o propio ministro responsable, Speer, diga o contrario. –
Seguindo esta tese, saira a mediados de marzo de 2005 un libro do Historiador berlines Rainer Karlsch, no que afirma que sei que puideron facela, inda que nunca da potencia da utilizada por eeuu, publicado por DVA. (eu baseábame sinxelamente en textos do matemático David Bodanis. .

Hay unha terceira parte, onde atopámonos coa decadencia do tercer reich: a vontade de destrucción do Fuhrer da sua terra, e a de Speer de opoñerse.

QUOTE:

“Se o pobo alemán sucumbe nesta loita, será que foi demasiado feble. Neste caso, non terá superado sua proba ante a historia e únicamente estará adicado o afundimento”

Esta frase de Hitler, do catro de agosto de 1944, e sobre todo a última frase, está estes dias de actualidade a conto da película “Der Untergang” – o afundimento-, e amosa moi ben a verdadeira realidade de pensamento, máis aló da apariencia, que tiña Hitler do seu pobo. Máis e por xente coma Speer, polo que pode dicirse que o pobo alemán sí superou a proba.

Por último, veñen as conclusións , da época do xuizo, onde cada liña mereceria estar en moitos dos cadernos de texto de hoxe en día. Por so citar unha:

QUOTE:

“Nengunha vontade human podería deter esta evolución se o automatismo do progreso dera outro paso cara a despersonalización do home e privaralle de máís responsabilidade dos seus actos.”

Di isto falando das causas da guerra, concretamente respecto das técnicas actuais de comunicación-control de masas, e so podo dicir respecto a isto que sorprendeume a miña coincidencia con el: tiña miñas propias ideas e sorprendeume que sendo esta a primeira vez que leo un texto desta persoa, meus puntos respecto a esta área coincidan tanto con el.

Speer votou vinteun anos na carcere. Hay moitos libros que falan de se todo foi unha mentira para librarse da morte no xuizo de Nuremberg ou non. Nembargantes, recomento esta lectura.

____________

En relación co tema do estadio,posteriormente o fin da guerra, houbo unha serie de verquidos no que era o comezo das obras do estadio , unha excavacion que posteriormente convertiuse en lago – verteronse escombros industriais contaminados- , e un dos poucos restos que quedan en Nuremberg do proxecto.
Debido a estes verquidos, hoxe en dia as augas son tóxicas. Teñen H2S. Lembreime unha vez mais que os arredores de As Pontes son a zona europea con maior contaminación de SO2.

mais informacion deste apunte en:
http://www.angewandte-geologie.geol.uni-erlangen.de/silber02.htm

a reaccion e:

8 H+ + SO42- –> H2S + 2 H2O + 2 OH

os datos son do doutor Alfons Baier (quen non esté interesado pola bioquímica, o millor o está polo seu retrato, encántame):

http://www.angewandte-geologie.geol.uni-erlangen.de/alfons.htm

respecto o que dixen de As Pontes:

http://www.galeon.com/sloren/sosgali.htm

mais non esquezades que o millor son so un ignorante que di estas cousas so porque non vai o cesga – centro de supercomputacion de Galicia – :

http://www.cesga.es/ca/defaultC.html?Proxectos/Fotoq2.html&2

One ResponseAlbert Speer: Memorias. Erinnerungen. to “”

  1. F. Miguez Says:

    Eu de arquitecura seiche pouco, estudio enxeñería industrial, e coido que Speer tamén tivo un papel na industria (armamentística) do Reich digno de lembrarse. Disque chegou a discutir con Hitler porque él (Speer) consideraba unha aberración a variedade de municións e calibres que utilizaba Alemania, fronte as ventaxas da reducción de estándares, mentres a Hitler e os militares alemáns “de toda a vida” non lles entraba na cabeza renunciar a tanta especialización.
    De todos xeitos, hai unha figura na enxeñería que xogou no III Reich o mesmo papel que Albert Speer na arquitectura: Ferdinand Porsche. Curiosamente, non se ten mitificado tanto ó encargado de materializar outra das visións da cosntrucción nacional alemana de Hitler, o Volkswagen, que ademáis foi un pilar fundamental no deseño dalgo tan fundamental para o Reich como os seus tanques, entre outras moitas cousas.