Cartas a un joven español. / AZNAR, Jose Maria. = os vintedous euros millor gastados

aznar

Dous euros máis barato que o de Calvo Sotelo.

Refirome a Leopoldo, o sobriño, o ribadense expresidente de governo, que no seu momento publicou unhas memorias parciais chamadas “pláticas de familia”. Merqueinas por 24 euros, editorial la esfera de los libros.

Cando vin hoxe que José María Aznar facia algo semellante, funme o Hipercor a mercalo. Tiñan un feixe deles riba dunha táboa. “Cartas a un joven español“, di o titulo.

Vintedous euros. Que poucos cartos para te-la oportunidade de ler a un amigo do señor ArBushto.

Dirixese a un tal Santiago. Terei que dicirlle a Santiago Sanjurjo que vou escribir un libro dirixido a el, eu chamariao “Cartas de un joven español” ou “Cartas a Chema” ou tamén “Cartas al mas tonto de la calle Ibiza”.

Admito ter descargado, moitos libros, sobre todo con licencia libre, pero este tiña que mercalo. E sei a quen van os cartos. E se inda non o sei, sabereino millor cando remate de leelo.

Polo momento xa estrenei o meu blog en castelán; tiña a conta creada pero estaba agardando unha oportunidade. Oportunidade coma esta.

Non sei se quedarei o comezo do libro, coma me pasara co Die Blechtrommel de Günter Grass, ou se sera entretido, coma o da sua muller Ana Botella (” Mis ocho años en La Moncloa”), pero coma dixen, este libro merece un “carta de un joven español”.

Feita , por suposto, por un “joven español”.

One ResponseCartas a un joven español. / AZNAR, Jose Maria. = os vintedous euros millor gastados to “”

  1. Antonio Gregorio Says:

    Casualmente, a palabra do antispam é ‘escoita’. Pois eso, escoita e xa me dirás que di ese tal Aznar, coido que Asnar en verbas de Bush