“…perdooche”

O onceese fixo esquecer cousas como que algunhas empresas farmacéuticas presionaban xa daquela para que non se proporcionasen medicamentos os enfermos de sida en África.
Ou que parte das mesmas empresas, apoiadas polo goberno estadounidense, fixeron un programa para comercializa-los coñecementos mayas , programa chamado ICBG-Maya.
E isto vai na sección de fotografía: No xornal El mundo sae unha exposición de Sebastiao Salgado, con fotos sobre como se dan vacunas a cativos afectados da polio. Arriba a dereita, un anuncio da compañía que participaba nas actividades antes mencionadas.

O momento decisivo, unha mao cun reloxo dixital vello, tende unhas gotas para ese cativo que dese xeito escaparase dunha morte certa.
Se na Galiza pedimos unha axuda para viaxar a esas terras para documentar esa realidade, toda axuda e negada (por favor , quen diga o contrario, que contacte comigo: se rexeito o ofrecemento, comprometome a facelo público, pero que non diga que non se informa do que pasa na África porque non hay quen o conte)

Xa podo ver na inaguración da exposición, entre canapé e canapé de caviar , as maos sinalando a esa “preciosa gradación de grises”, a “esa iconografía que queda tan ven reflectida pola Leica de Salgado”.

Eu antes tamén tiña unha mar salgada.

Antes de que moitas desas manos emporcadas de caviar apuntaran a miña terra. E agora non falan dela. Non está ben. Falemos dos problemas de toda a pobre xente que morre porque ten que morrer, mentres nos o primeiro mundo ¡ oh salvadores do universo! dicímoslle cual emperador roman “perdooche“.

Un pregúntase se isto está ben. Sempre digo que o millor mañá serei eu quen teña que facelo, pero cústame mentalizarme diso. Unha cousa e que un ceda para que as cousas se leven a cabo, outra apoiar unha empresa que está a condenar a xente a morte, mentres patrocina o traballo dun famoso fotodocumentalista.

Cando menos, habería que reflexionar, dun xeito ou doutro , algo sacaremos en limpo.

Os comentarios están pechados.