contas de correo de balde teunome@enderezo.com | 5gb por conta en enderezo.com | Isaac traizoado , longa vida a Isaac Diaz Pardo!

A andaina de enderezo.com comezou no ano 2002.

Queria montar un servidor que dese contas de correo de balde, nun dominio con nome galego.

Curiosamente o dominio enderezo.com nunca fora rexistrado ata entón.

O sistema estivo funcionando varios anos, ata que tiven que emigrar. O problema non era administrar o sistema dende fora. O problema era que parte do proxecto era que o servidor estivese na Galiza. E iso non puido ser. Habia e hay continuos cortes de corrente, que non poden ser solucionados cun sinxelo SAI. Administradores de hacklabs rurais saben ben o conto. Tamen habia outras cousas polo medio. Era máis complexo que meter o servidor nun portátil.

Tras un periodo de tempo funcionando cun servidor de pago, o sistema foi desconectado. (“non, non podemos modificar a cuota de usuario para evitar que un usuario se quede coa cuota dos outros 70” [!!!!!!!!!!!!!!]: para estar asi mellor voltar os cortes de corrente ou desenchufar todo)
Fai uns dias vin que google da servicios de aloxamento de balde e dominios externos.

Asi que poño de novo en marcha o conto . Os servidores non están na Galiza, pero hoxe vexo que, excepto a alguns usuarios e a min -inda hoxe- , coido que o resto da sociedade dalle igual que teñamos unha boa infraestructura tecnolóxica na terra.

E un pouco triste. Sempre imaxinara un centro con servidores pequeniños, de moi baixo consumo, mantidos polo sol, en calquer vila galega.

So foi outra das miñas visións. E triste porque cos anos e despois de aprender a mallar código e peneira-las redes coido que o problema non era precisamente técnico. Pero vin que todo esto non e nada comparado co que lle esta a pasar a Isaac Diaz Pardo. Os actuais xestores seica pensan votalo. Xa o sacaron do mando e agora isto.

Isaac, se non e por ti hoxe non seria quen son.

nen plan galicia, nen proxecto fin de carreira da costa galega, nen so2, nen podcast, nen proxecto esquío nen nada de nada.

O igual que non me esquezo dos que me ameazaron, hoxe lembro para non esquecer os que hoxe che ameazan. E tento tirar para diante. E se a cousa  non saiu dun xeito hoxe saira doutro. E a miña homenaxe o meu estilo.
Se alguen quere contas de balde, so ten que mandar un correo a carteiroATenderezoPUNTOcom cun nome de usuario (mellor se son varios por se está tomado) e nome e apelidos.

Sempre me gustou moito este nome de dominio.

(nota: o simbolo co sobre feito con pluma caligráfica non e unha copia do sobre de gmail: gmail e de 2004, enderezo.com, do 2002)

http://www.enderezo.com

http://correo.enderezo.com

longa vida a Isaac Diaz Pardo. El non so tiña visións con Galiza, foi quen de materializalas. E sen recurrir a Google 😉

Apoiamos a Isaac D�az Pardo

One Responsecontas de correo de balde teunome@enderezo.com | 5gb por conta en enderezo.com | Isaac traizoado , longa vida a Isaac Diaz Pardo! to “”

  1. Antonio Gregorio Says:

    Os soños pasan ó espertar. No noso caso, só ó se cumprir ou ó morrer, dous xeitos do noso espertar.