pintaron con otros ojos el mundo que va a desaparecer sumergido en las profundidades

Un dos 5 pintores participantes no certame de pintura rápida patrocinado por ENDESA nas pontes, Alfonso Costa, resumiuno moi ben:

<<Pintaron con otros ojos el mundo que va a desaparecer sumergido en las profundidades. Son los testigos del tiempo que hacen posible el milagro de la memoria>>

emprazamento A Mourela, As Pontes

ENDESA, sei que me lees, toma outra nota máis: poderedes encher o lago, barrernos do mapa e sumerxir nas profundidades a vosa merda, pero sempre terémolas palabras.
O que estades a facer non ten perdon.
Tranquilos, que eu non son mafioso coma vos, que xogades co futuro da xente a golpe de cacicada e contaminación, a forta de apoio cultural e demanda xudicial.
E todos os que traballades para ENDESA, que inocentes sodes. ¿Pensades que os vosos fillos comeran outra froita que veña fora deste planeta?¿pensades que respiraran outro aire?

Os vosos fillos so terán un coche que contamine máis que o meu, porque esa foi a vosa herdanza. Sua aprendizaxe foi que mirasen para outro lado cando o neno facia preguntas. Por qué o Antón xa non vive eiqui. Por qué a avoa xa non fai compota. Por qué se vai a luz da Xosefa se está o pé da central. Papá por qué non temos que pagar a corrente se traballas na central. Mamá porque non podo chatear.
Mariano co smart na finca do muiño

Toma as chaves do coche neno e vai correr polo monte, coma os de InitialD.
En troques de tofu levaredes queixo sulfuroso feito por caciques.
Herdanza.
A que recibin da miña avoa foi apreciar a terra. Por iso eu despreciovos. Peideiros.

Os comentarios están pechados.