1640 grazas. Resultados 9M: Primeiro candidato independente por Lugo.

Pensei sinceiramente que teria uns 10-15 votos, e atopariame plenamente satisfeito.

Miña candidatura tivo 1640 votos, convertíndose na primeira candidatura dun independente en Lugo, e inda por riba de partidos de tamaño medio coma PyD e Cidadans. Reunindo un 0,50% dos votos (de cada doucentos votantes en Lugo, un votou por min). A maior porcentaxe de tódalas provincias do estado español polo que se presentaba o POSI. Non esta mal para alguen sen carnet político.

Moitisimas grazas a todos. Gracias a todas e todos, a cada un de vos que colleu e púxolle unha cruz a meu nome o dia nove de marzo de 2008, a pesar de non ver un so cartel, nen ter entrevistas pola radio nen a televisión, nen dar mitines e tampouco ceas electorais, nen ser invitado ún debate.

Grazas a Antonio Gregorio, e a podgalego, e máis a vieiros. E máis o POSI.

Eu penso que isto teria que server de tiron de orellas a uns cantos partidos, empresas e medios de comunicación que pensan que teñen todo moi atado.Os que votastes e levades a vida votando o partido que se fixo co 50 % dende 1977 en Lugo ( AP- PP): tranquilos que cando teñades que emigrar ou sementar, ou colleitar, ou queirades saber como facer funcionar o voso erreonce diesel con aceite de xirasol, ou que facer cos cortes de corrente, tranquilos, que eu tamen vos atenderei.

Os que votastes a dereita non me preguntedes como sair da vosa hipoteca-trampa: ata o momento nengun político foi quen de poñer un límite para o endeudamento, e como agora estamos na UE, non se podera devaluar a peseta para aumentar a competitividade. Ides comervos esta crise con patacas. E connosco. E asi veredes que so nos tedes a nos, a xente.

Os demáis, non fai falta dicir nada isto. Se non son senador e porque o pobo pensa que outros o faran millor que eu. Ben, eu tamén agardo que sexa asi, e que José Manuel Barreiro Fernández, Armando Castosa Alvariño, María Carmen Gueimunde González e Luis Angel Lago Lage saiban a responsabilidade que teñen agora.

Eu so sei que as empresas dia a dia exprimen máis, so sei que a xente xa non se ri de min cando lles falo do cenit do petróleo e o gas (peak oil), nen fai gracias coa montaña de merda que ten Alcoa agochado nun monte en San Cibrao e un dia arrasara con todo. (Despois Alcoa dira que xa fai moito….eu tamen sei contar cousas)

Xa o din os velliños amigos meus: “Mariano, a xuventude inda voltaredes o campo, hoh”

O malo e que nos últimos 30 anos démoslle as costas o campo.

Agora , a pedir contas os senadores.

Grazas unha vez máis. 1640 grazas.

2 Responses1640 grazas. Resultados 9M: Primeiro candidato independente por Lugo. to “”

  1. Antonio Gregorio Says:

    Coido que te equivocas. Nalgunha cousa. por exemplo, cando dias “Se non son senador e porque o pobo pensa que outros o faran millor que eu”. Para comezar, quen te coñece nunha terra onde boa parte da xente que usa internet non ten aínda idade para votar e a maioría úsao para xogar e demáis semellanzas? Non, non é (alomenos só) polo que ti dis.
    Por certo, escoitei que poida que teñas que substituír a L.A. Lago Lage por B.E. Pérez Vacas en breve.

  2. fuji Says:

    Noraboa, nasceu a blogopolítica?
    poida que sí
    Apertas