medio millon de galegos sen rede

Tentei re-comezar a escribir algo coherente sobre algo que me pasou outro o dia. Pero admito que non son capaz.
O outro dia escoitei como me dician que medio millón de galegos non teñen acceso a rede porque a situación e a que é.

Se a alguén lle interesa saber cal é a miña opinión sobre o tema, pode visitar barrapunto, onde deixei dous comentarios.

Agardo desbloquearme segundo pase o tempo.

Ah! namentres, temos que aturar responsables políticos que queren ofrecernos tecnoloxías de hay 8 anos, para darnos acceso a rede dentro de cinco anos.

Sí, isto e coma o do Prestige, en que veñen os entendidos a facer festa e dicir que non se pode facer namais (pdf)
Falan de da-lo DNI electrónico a 40 millóns de persoas e non son quen de dar acceso a rede a medio millón de galegos

Non entendo nada

_______________

Os mesmos cargos do goberno galego que falaban disto, participaran en Lugo nunhas xornadas sobre codigo aberto. Tamén irá algun representante do departamento de inversións. Haberá que saber en quen pensan invertir. Tamén irá xente de Sun. Deles falei hay un tempo.

Pois nada, agora si que entendo menos, pero se alguen quere descargarse o programa das xornadas de codigo aberto, en formato Microsoft Word, que prema a ligazon. (uhm, se son xornadas de código aberto, ¿por qué aparece o programa en formato propietario?)

Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

Comments:|Comentarios
Pépi (de www.pepilucibom.tk ) on 23/02/2004
Espanholeiros..!

Os comentarios están pechados.