alugueres en Ribadeo, breve comentario no blogue de Antonio

Este e un comentario que deixei no blogue de Antonio

E a antesala da recesión.

A casuística ribadense indicanos que moitos donos de vivenda poden non alugar nen utilizar a vivienda sen que lles pase nada, xuridica e económicamente.

O mercado inmobiliario de venda está morto hay ano e medio, e respecto os alugueres o que pasa e que moitos donos de piso que pretendian pagarse o pazo adosado no que vivian co que cobraban polo aluguer, e agora xa lles custa non subir o aluguer pola subida que lle están metendo os tipos de interese da hipoteca coa subida do euribor.
Asi que pasaran uns meses tentando poñer o mesmo precio co aluguer, ou inda subilo.
Ese e un erro
Terian que ter vendido, levo anos avisando disto, e nada, e cando no 2005 preguntabas a xente se non cria que ese piso que custou tres millons e agora costaba corenta millons, baixaria de precio, moitos dician que non, e cando preguntabas cal sería o límite, algun parvo asegurábache que non había límite.

Agora o que digo e que o que non vendeu, que venda a fume de carozo.
Vai ter perdas, que non pense que seu piso custou 190000 e quere vendelo por 210000. Que o venda por 180000, ou por 140000.
Claro que vai ter perdas, e pagar un prestamo persoal para rematar de pagar a hipoteca.

Ben, iso e millor que a alternativa.

A alternativa chámase inmobilizado negativo
Ou chámalle negative equity , termo máis común.

A conto disto, e de vergonza o que esta facendo a maior parte da prensa.
Cando os temos da burbulla inmobiliaria, ¿De que falaban?
Os moi pailáns falaban de famoseo, de mamoneo e de neopolítica.
Esta semana a prensa, encabezada por el pais, falan da crise ¿pero non era so desaceleración?
Que conto.
E advirten dos riscos de deixar que o banco se quede a vivenda(ligazón eiqui)

Explicarei o conto do negative equity: o banco quere os cartiños, e cando a vivenda perde o seu valor económico , o cal era imposible polos que dician iso de “a vivenda nunca baixa”, o banco quere os cartiños.
E como non tes cartiños, tes dous problemas:
– Xa non che darán crédito inda que nunca tiveras impagados. O banco di “teu piso de vinte millons agora custa quince millóns, pagaches un millon pero aparte dos dazanove millóns que nos debes, eses catro millóns son de perda de valor. Non che prestamos os cartos para un coche novo”.

– Se pensas que o banco quedará coa vivenda….O banco subastará a vivenda, e inda faltarán cartos ¿Quen pagará eses cartos? pois tí meu rei, e nese momento pensarás que por que carallo a prensa nestes anos non che advertiu deste risco. Pensarás que por qué na escola non che advertiron do que significan os intereses dunha hipoteca ou dos riscos de invertir en vivenda. So tiñas unha xeración anterior dicíndoche ” nos pagamos a vivenda o 18%”” nos pagamos a vivenda o 18%”” nos pagamos a vivenda o 18%”

Parece mentira, pero o que acabo de dicir moitos néganse a creelo.
E non so os que acaban de mercar a vivenda, senon os que xa a pagaron hay anos e agora téñena en aluguer , que son moitos dos que alugan.

Terían que darse conta que a inflación actual significa que temos unha baixada de soldos real, e a vivenda está baixando de prezos, co cal ou baixan o precio de aluguer ou non terán a quen alugala.

Os que non me votaron…..que lle pidan agora explicacions os partidos políticos : PP , PSOE, BNG, UPRI… o que pensan facer para solucionar isto.

Algun pensou que eu esaxeraba cando na mensaxe da campaña eu prometia facer plans de emerxencia se saia escollido senador, plans de urxencia sobre a vivenda, e tamén para que a xente non pase fame ou remate no paro.
Non falaba de África, senon de España, de Galiza.
Algún lembrarase de todo iso nos vindeiros meses.
A crise inda non comezou. Arrincou so, e so vai acelerar de verdade cando levemos un ano, aló polo 2009.

Ou seña, cando comecen os embargos, as catástrofes familiares, aumente o paro de verdade, e os donos das vivendas asuman que pagaron cartos por nada, que unha boa parte dos centos de horas que traballen os vindeiros anos foron so para pagarlle os contratistas e as comisións das inmobiliarias. Era todo mintira. E o erro de trabucar valor e prezo. E cando asuman o que custan suas vivendas, e cando venderán o precio real, que será o precio que a xente poida pagar. O cal non será o que pode pagar agora, senon o que lle pode prestar o seu banco, que tampouco será moito. Incrementaranse de novo as taxas de suicidio , alcoholismo e drogadicción. O cal o estado venlle moi ben, porque todas esas serán persoas que se degradan e non pensarán nen protestarán. Se os concellos queren que non pase isto, dareilles un consello grátis que abofé tomaranse tamén a cachondeo: que aumenten os presupostos para as bibliotecas públicas e acceso a internet, e poñan en marcha comedores públicos (“cocina económica”; que funcionen adquirindo os productos a hortas locais) para rendas baixas e “medias” . Esta idea non e copyright se non CC, asi que citen o autor polo menos.

A conto do comentario de Antonio sobre que os alugueres en Ribadeo non baixan, direi que o caso de Ribadeo difere da media.
Ribadeo e un pobo na que vin patrimonio arquitectónico caerse non xa por falta de axudas ou de problemas de vendas.
O problema e de herdeiros.
Hay un feixe de persoas que en Ribadeo que teñen tantos cartos arreo.
A min tanto me ten, pero alguen tería que obrigarlles a que non boten a perder o patrimonio arquitectónico. Xa hay leis, so hay que aplicalas.
Por iso digo que en Ribadeo pasará o que xa coñecía doutras épocas: a burbulla arrasará co precio das vivendas pero será comun ver que xente millonaria que non venderá a sua, ou deixará caer suas ruinas antes de vendelas, porque viven do conto.
Mentras, xente moza terá que emigrar porque cos seus traballos -quenes teñan traballo- non poderan pagarse vivenda.

E tempo de esixir responsabilidades a cope de la costa, que tan ocupada estaba falando de trangalladas, ou os políticos dando licencias a saco, e os bancos, enganando os clientes. As catro calles están cheas de oficinas bancarias: Caixa Rural, Caixa Galicia, Banco de Galicia, Banesto, Banco Gallego, Banco de Santander, Banco Pastor en douscentos metros, e seguro que me deixo algún.

Nota para os independentistas: o estado español convenlle que agora todos nos puxeramos a poñer bombas, coma ETA nos anos 80. Porque iso taparía moita merda que fan eles. Os que queiran facer algo, que o fagan de xeito democrático, ou polo menos alegal, porque non se vai avanzar nada doutro xeito. Quen queira facer algo que solicite a fin dos cartos que veñen de Europa e que están demostrando ser o que alimenta o cancro dos caciques galegos. Ou que faga plans alternativos, xa que os politicos non son quen de facelos.

Dos que se meteron nas vivendas e dos pais dicindilles que eles pagaran sua vivenda o 18 % non me meto. No que fixeron teñen xa seu purgatorio.

3 Responsesalugueres en Ribadeo, breve comentario no blogue de Antonio to “”

  1. Antonio Gregorio Says:

    Só un remarque: “Xa hay leis, so hay que aplicalas”

  2. Brais Says:

    Por algo risquei no papel salmón o que risquei.

  3. goretoxo Says:

    eu tenho unha categoria no meu blogue para este tipo de asuntos: apocalypse now