Gaspar, Cuquita, os pubs de Ribadeo e o criterio do Cuartel de Ribadeo

Gaspar, Cuquita, os pubs de Ribadeo e o criterio do Cuartel de Ribadeo

Saiu fai uns meses a nova de que os de El Farero (grupo de amigos e asociación cultural de Ribadeo) foran denunciados pola Guardia Civil .
Unha denuncia por bañarse no peirao de Porcillan e outra por tocar unha especie protexida.

Unha mágoa  que por uns mozos en Ribadeo que non están todo o puto dia esnifando fariña a Guardia Civil se meta con eles.
Non ten sentido que por rozar un golfiño sexan denunciados, e que a tortura durante semanas con colillas prendidas, o apaleamento, ultraxe e morte da foca Cuquita en 1988 sega impune.
Cuquita era unha foca que apareceu un dia pola ria. Aledábache un animal asi, e era cariñosa coa xente. Todo o mundo ia acariciar a foquiña e facerse fotos con ela. Un dia apareceu con queimaduras de cigarrillos. Outro día, matárona a paos.
Algún parvo dixo ignorantemente que fora porque comía o pescado. A foca matouna un salvaxe e punto. Nesa época tamén se dicia “Eu a miña muller pégolle o normal” Todavia algún dira que “menganita non lle botaba sal a comida e por iso seu home zoupáballe”.

Chámame a atención coma a Guardia Civil de Ribadeo queira multarnos por bañarnos no porto deportivo. Con máis motivos terian que prohibilo antes, cando existia un porto mariñeiro, e os mariñeiros chegaban de faenar. A xente arriscaba -arrisca- sua vida pescando para traer o xornal. Eu nesa época , coma outros, entrenaba na ria os 365 días do ano. Nen temporal nen caralladas, e iso dábanos un respeto mútuo.
En troques agora e utilizado polos ricos de Ribadeo. Lanchitas e iates utilizados maiormente no vrao. Repito, polos ricos de Ribadeo que crense moito porque len a Moitessier e fálanlle de tu o rapaz enchufado de turno que lles da o lasure no inverno o iate , e a Guardia civil non so lles multa os rapaces, se non que omite o sufrimento de persoas que non poden durmir, persoas que tolean, persoas que teñen dereito a vivir e que tamén pagan seus impostos: tódolos ribadenses que viven preto da zona dos pubes e demáis ocio nocturno de Ribadeo que non sabe pechar a sua hora.

Fai uns meses vin por Ribadeo carteis de diferentes festas en pubes. Nelas dise “fiesta ibicenca” (¿irán vestidos Ad lib?) ou “Fiesta Bacardí limón” (supoño que será unha festa na que se consuma Ron da familia Bacardí con bebida do Eroski de limón, ou ben que a familia Bacardí dá unha festa).  Pero tanto nun caso coma noutro está o lema, (en cutre tipografia pseudo caligrafiada, desas que se baixan do emule: nunha caligrafía a mao unha letra non e xemelga da mesma) “vivir sin  dormir”
¿Que tomadura de pelo e esta?

Non me faltou nada, e digo nada, a presentarme no cuartel da Guardia Civil de Ribadeo, e denunciar a morte a paos de cuquita. Por suposto , acompañada da  foto (non a teño escaneada, pero aqui , aqui e aqui poden verse fotos de cuquita nese tempo) de Cuquita,  que me fixen con ela cando eu debia ter uns once ou doce anos.

Sorte que respeto as forzas e corpos de seguridade do estado, porque a intervención en Porcillán, directamente, non a entendo.

– Non entendo coma un porto de mariñeiros e rapaces pode converterse nun porto de ricos que non traen riqueza nun pobo no que esos rapaces emigran dende hay anos.
– Non entendo que despois de que por culpa dese porto a Ria esté desaparecendo e o tesón esté gañando papeletas para converterse no novo resort de apartamentos galego.
– Non entendo que Bloque Nacionalista Galego (lalo), Partido Popular (Jose Carlos Rodriguez Andina), PSOE (Balbino Perez Vacas) e de novo Bloque Nacionalista Galego (Fernando Suárez) pasasen pola alcaldía e ningún dos catro se molestasen en mirar pola saude do pobo Ribadense. E o mesmo conto as forzas vivas de Ribadeo. Moito clero e moito intelectual pero nada. ¿Queren leccións de Madrid, do que tanto falan? Porque tanto encherse a boca de falar de Madrid, e en Madrid cortáronse ruas para que os veciños voltasen a desfrutar do silencio. En Ribadeo, que se supon pobo “turistico”, nada de nada. So alcohol barato para que a xuventude  e non tan novos esquezan que os políticos fundíronse a maos cheas as axudas europeas e agora hay que emigrar.
– Coa cantidade de xente que hay adicandose a fariña (cocaina), e a factoría de aluminios Alúmina esté botando miles de toneladas no medio dun eucaliptal, o Seprona metendose cuns rapaces por facer divulgación da natureza .

Comezo a pensar que todos os que as veces calamos para manter o Statu Quo, fixemos mal, moi mal.

Como me lembro do riquiña que era Cuquita, e da derradeira e cruel lección que me deu.

(Aqui e aqui lembranse inda de Cuquita)
(xa chegaron as multas)

4 ResponsesGaspar, Cuquita, os pubs de Ribadeo e o criterio do Cuartel de Ribadeo to “”

  1. manel vazquez Says:

    pois faime pensar o teu artigo, pensar desgraciadamente que a mesma situación de apaleamento ós veciños e protección á falsa riqueza ocorre en moitos recunchos de galicia.

  2. escoita Says:

    Faime gracia o de “asociacion cultural”….a que se lle chama cultura ahi?se mas da metade das cousas que fan e grabarse en borracheiras e cousas asi.

  3. ribadense Says:

    Non todos os mozos de Ribadeo nos metemos fariña, así que non te pases

  4. grueiro Says:

    Celebro que non te metas fariña, eu tampouco o facía, fai deporte e alónxate da merda esa que non che vai aportar nada. Vai o teu, respeta e pasa dos grupiños caralláns que viven de marxinar a xente. Se non fas o que digo rematarías tengo carencias afectivas, máis como che digo parabéns por non meterte fariña. Teño amigos que estanse indo a tomar por saco pola merda esa.

    Ah, e non me teñas medo, podes firmar co teu nome, que eu non trabo 🙂