Inventaron anuncios. Inventemolos nos.

Inventaron anuncios:

http://www.losmejoresanunciosdetelevision.com/2008/05/15/inventemos-el-futuro-anuncio-de-repsol-tatuajes/

http://tvspot.blogspot.com/2008/05/endesa-para-los-hijos-de-nuestros-hijos.html

Inventemos el futuro din. Hipócritas. Repsol e sua responsabilidade social corporativa, tera que dar conta un dia sobre sua estafa economica e medioambiental. Que non nos amolen conque queren mellora-lo mundo.

E preciso crear nosa propia realidade inventada.

Inventar nosos iconos. Reinventalos.

Inventémolos nos: (preme na imaxe para ve-lo video)

preme para ve-lo video

Gustoume moito este traballo. Iconografía e iconoloxía galega de seu.

No 2000 comecei a escribir un ensaio, “cara unha gramática da imaxe”, tomando de referencia o caso galego. Pensei que era inútil.
O millor non era tal.
O millor teria que escribilo.
O equipo de esferobite ten unha web moi curriña con tódolos detalles sobre este traballo. Gustoume tamén a páxina do audiovisual galego para promover traballos pola rede, chamada flocos.tv, “o cineclube do audiovisual galego”.
No seu momento pensei en rexistrarme na paxina do audiovisual galego pero era todo enfocado cara o “profesional”. (tamen penso isto da asociacion de escritores en lingua galega).
¿Son profesional? bo debate no que hoxe non entro, so quero plantexar isto ¿ten cabida un creador galego que utiliza soportes de video ou foto na rede, con licencias libres e inda por riba queda fora do circuito sgae – galerias – distribución comercial con copyright ? Ata o momento o feito e que non, pero animoume ver a web.

Non son partidario de “cortos” como promoción. Teño -con Santiago Sanjurjo- o filme Psalmus, que dura duas horas, e outras pezas que duran menos dun minuto. Máis pareceume unha web aberta os creadores.  Agardo contadtar nuns meses con eles, para publicar a miña obra de video, xa informarei da sua resposta.
Para finalizar, outro video de flocos.tv duns compañeiros que fan land art. Vendo cousas asi síntome máis “normal” e menos so: (premer na imaxe para ve-lo video)

O derradeiro apunte: libertad digital critica flocos.tv ;

Esta e a ligazon

http://blogs.hazteoir.org/economiaynacionalismo/2008/12/11/flocos-tvg-recursos-para-el-cine-que-nadie-ve/
Son coma nenos: deixei un comentario criticando o artigo e outro loubandoo. Deixan a loubanza, e borran a critica. Suxiro deixar máis comentarios de loubanza e critica, vos probade.

se o pensaran ben , estan a tirar pedras contra seu tellado. Mais esta observación e de lectura complexa. Outro dia.

2 ResponsesInventaron anuncios. Inventemolos nos. to “”

  1. agremon Says:

    Resucitou, aleluia, resucitou …

  2. Casa das Letras Says:

    O seu blogue está incluído na páxina RnB-Ribadeo na Bloguesfera/Ribadeo en la Blogosfera; na que figuran os blogues feitos en Ribadeo ou por ribadenses. Se vostede coñece blogues que cumpran unha desas dúas condicións, pregámoslle que nos informe.
    Se non ten inconvinte, agradeceríamoslle que incluira na súa blogue unha ligazón a RnB.
    Saúdos.
    Enderezo: http://ribadeoblog.blogspot.com/