“Aquelo e unha carroña que non ten sentimentos”

“Aquelo e unha carroña que non ten sentimentos”
Recentemente escoitei este testimonio.
Unha persoa queixabase dese xeito da atención recibida por unha inspectora de saude en Burela.
Vou a contextualizar un chisco.
Burela e internacionalmente coñecida polo seu bonito do norte.
En Burela atópase o hospital da costa, o hospital o que tes que ir cando vives na mariña de Lugo e tronzas un óso.
Atópase tamén a inspección, noutro sitio. A inspección de saude tes que ir, cando por calquer motivo non podes traballar: dese xeito a seguridade social do estado español, comproba que efectivamente non deixas de traballar porque deuche por ir a tomar os vermús para ver os programas da tele no bar, senon que efectivamente, non podes traballar.

Ben, a esta persoa citada anteriormente, unha inspectora díxolle que “usted se está aprovechando de esta situación, y ahora mismo le doy de alta”.
Ante esta situación, a persoa afectada tentou defenderse, máis recibiu un “se está en contra desta decisión , denúncieme”.
Denuncieme…..tremenda valentía!
Denuncieme….. que me digan coma unha persoa nesa situación, dada de baixa por enfermidade, pode denunciar cando dificilmente chega a fin de mes. Denuncieme……. pois si, denuncia a merecía, pero aproveitase que non está tratando coas baixas de abogados e funcionarios de grupo A , senon con mariñeiros, amas de casa, obreiros, caixeiras de supermercado…..Denúncieme….

Ou seña, que inda por riba que tes problemas económicos e de saude pola baixa, tes que aturar como unha persoa que se supon capacitada para desempeñar ese traballo, che di esas cousas.
Doe.
Xa podes pedir cita pola rede pero hay cousas que parecen de hay corenta anos.
Esa persoa, semanas despois, tiña cita para un especialista. No hospital da costa da mariña. E o primeiro que di o especialista, despois de ler o expediente, foi
“hay unha cousa que non entendo ¿Como é que está vostede de alta? Vostede non pode traballar neste estado!”
E entón recibiu información de toda a historia. Coincidiu con esa visión, pero non pasou de ahi….

Eu súmome tamen a afirmación
CARROÑA, con maiúsculas.
Descoñezo o que cobrarán e as ordes que lle darán a eses inspectores, pero toda esta historia lembroume dun caso que coñezo ben. foi hay xa uns cantos anos, máis de dez e máis de doce, pero non moito máis.
Un obreiro do naval chegou un dia buscando a baixa definitiva.
Nesta época en que moitos xornalistas califican de vagos os traballadores navais, aquel obreiro chegou solicitando aquela baixa. Foi tamén unha inspectora de saude de Burela (outra diferente) a encargada en avaliar o caso.
Ben, sempre daba excusas. Chegou a dicir que era algo psicolóxico.
Este obreiro estaba podre de cancro. Despois de 6 anos por médicos, e rematar así “Apareceu de súpeto”. Coime, de súpeto, 8 anos de síntomas. Se chega a ser despacio…
Aguantou un ano máis.
Fun o seu enterro, e o dia seguinte, cando a familia xa esquecera todo aquelo das baixas, recibiuse unha carta da inspección de saude.
Seica a cousa xa ia resolverse, tan so tiña que personarse a propia persoa en Burela para firmar un par de papeis máis.
Este obreiro, era meu pai.

Os comentarios están pechados.