a hipocresía do ruido, do sonido e da música en Ribadeo

Quen non estivera nunca en Ribadeo e se puxese a investigar pola rede, pensaría que e un lugar case idílico.

Un ascensor para vaixar a ver o dragón de dúas cabezas, perdón, a ria con dous nomes (en realidade so ten un, pero cada beira dalle un nome diferente de facto), ascensor que remata sendo unha atracción en si mesmo, un atraente casco vello (con casas tanto restauradas como que cáense (gugulea “ribadeo falls” para ve-lo traballo de Antonio Gregorio sobor delas ), Unha paisaxe fermosísima nos arredores, unha ría (outra repetición pero e que esta ría e única )que tórnase praia duas veces o dias polo medio, e os de Ribadeo chamámoslle a este amoreamento de sedimentos “Tesón”), vida política ribadense totalmente inútil nas formas no xogo político entre os diferentes grupos, digna de estar o nivel da política que se fai na capital do reino (de España). Unha vida cultural abraiante, unha chea de locais de hostaleria.

Non e tan bonita a couas, e comezarei por estes últimos.

Cando vives en Ribadeo hay un problema que non sae proporcionalmente reflectido na rede: o ruido en Ribadeo de noite.

Este ruido faise co consentimento de hosteleiros, políticos e forzas da orde.

Coma bo amante de Rachmaninov, o death metal e outras variantes musicais, quero primeiro contextualizar: este artigo non vai contra a música, e menos inda cos locais de ocio cun mínimo de responsabilidade. Desfruto tanto tomandome unhas bitrras escoitando a suicidal tendences coma tomándome un Alvariño se no local poñen Mozart.

Mais non caiamos na trampa dos que demonizan o que se queixa. Eu queixome da vista gorda que se fai para certas cousas, mentres que outras son materia imposibel. ¿Queda claro, caciques do carallo?

Fáise moi util utilizar a teoría de xogos para explicar a situación, e concretamente o xogo do presidiario. Estás na cadea e outro tamén está , podes denuncialo máis se o fas o millor o outro faino e estarás máis tempo. O ideal seria chegar únha situación de entendemento, máis co caciquismo presente, o outro presidiario en plan sobrado coida que mandándoche os cans el librase. (podería seguir un bo rato falando de teoría de xogos; confórmome coma outras veces en suscita-la interese, busque vostede “teoría de xogos” no eido matemático e entenderá moitos algoritmos sociais).

Se vives en moitas das ruas da zona vella ou nova de Ribadeo non hay dios que durma. Punto.

Ante unha afirmación tan sinxela non hay solucións, so xente barrendo para fora. Veciños que calan, ou que calamos (esta é unha autocrítica imprescindibel , sorte non todos son tan cobardes coma nos), hostaleiros que pasan de autoregularse, (algo que vai contra deles: cando queiran lévolles a moitos sitios de España nos cales os propios locais respetan horas de peche, illamento do ruido, carteis pedindo responsabilidade os clientes cando saian a rua), empresarios non hostaleiros que miran para outro sitio, políticos de dereitas, de esquerdas e ate nacionalistas (!!!) que pensan que Ribadeo e un far west, e forzas de orde que inda que son uns mandados, as veces teñen un comportamento reprobable (por sorte estos últimos non son maioría pero sei de máis dun caso de colaboracionismo chivato entre forzas de orde e hostaleiros/empresarios. Isto para min non e de recibo).

Propoño un boicot. Máis que propoñelo, hay xa varios anos que o fago. Paso de ir os locais que dan problemas, e a tódolos negocios. Sí, o millor de cando en vez estarei nalgún deles. Fixeno e fareino so cando seña imprescindibel e / ou cando teña un forte compromiso social. Son bo pagador e os meus cartos iran o peto de empresarios máis intelixentes.

E famoso en Ribadeo o dito de “en Ribadeo cada un paga o seu”. Abofé.

O que non lle guste isto, xa pode quitarme coma amigo do facebook. Outras estratexias tipo ameazas e demáis por un sinxelo artigo como este, so levarán unha degradación da situación.

Esquecíame. Criticar a políticos, a tódolos grupos, que aqui hay para todos.

Danme noxo os concertos que montan en Ribadeo no vrao. Deberían regular o número máximo de decibelios.

En agosto era imposible durmir ata que non remataban ¿a quen se supon que lle fan o favor cos concertos?¿non será o propio grupo e seus representantes, a SGAE e demáis? Porque aquelo non era música, era ruido. Os concertos tiñan unha calidade en moitos casos pésima, e non so este ano senon noutros. E conxuntos que salvávanse, fracasaban no de todos: un volume brutal, e non falo dese estupendo disco de Obus. falo de que as veces o volume de ruido e inversamente proporcional a cantidade de público que hay e sua calidade musical.

¿Que pasa, que eu podo poñer unha jota aragonesa a tope as duas da mañá unha chuviosa noite de outubro abrindo as ventás?¿logo non?¿por qué non?

Pero se os veciños non nos queixamos, semella que nos gusta. Nen a min nen os veciños que coñezo lles gusta un carallo.

Se os hostaleiros queren sair adiante que comezen a pinchar boa música, e dean alcohol de calidade. Inda lembro o garrafón que me deron nun sinxelo gintonic nun local de Ribadeo. Cálome o sitio , non por medo se non por vergoña que inda pasen estas cousas. ¿Pensan acaso que os clientes somos parvos ou que? acabaron perdendo, as contadas veces que voltei a entrar nese local, pedinme unhas estrellagalicia.

¿Pensan os veciños que calan que calando amañan algo? Certo e que nunha convivencia todos temos que ceder, pero ata certo punto. E a partir de certo punto non se pode quedar ben con todos, hay que dicir “ata aquí”.

E os políticos? eu non lles voto e punto, paréceme patético que a picien deste xeito, porque ata o momento non fixeron máis que intervencións cara a galería.

Meu consello e que nas próximas eleccións , fagan unha foto a calquer vaca e poñan a foto coma papeleta.

Voto nulo? sí, porque son a nulidade, logo non merecen un proceso electoral serio.

Habería que falar doutros pobos de Galiza, pero so queria falar do meu pobo esta vez.

Esta e a situación de Ribadeo. Hay xa camiño de dez anos, como pasa o tempo! que comecei a recibir ameazas das miñas publicacións da rede. E digo ameazas. A certa xente semella que lle custe demasiado crearse un blog para criticar miñas ideas, que sería o paso lóxico, confrontación de ideas. Pois non, ameazas puras e duras, e as veces teñen pasado a acción. Se alguen lle parece paranoia, que busque no google “mariano grueiro plan galicia casa encantada” e flipará con certos párrafos nos cales eu era que considerado case que un terrorista….por facer fotos duns carteis e publicalas na rede. Iso e materia doutro artigo.

post data: falando de clásica e de metal, do que é ruido, e do que non o é.

Co gallo de renovar meu book de fotógrafo, fágolle fotos de balde (con certas limitacións técnicas , licenza creative commons e demáis, pero de balde) a grupos galegos.

Repito, de balde, xa vedes que malo son coa música. Miña axenda anda sempre moi ocupada (desculpas cando tardo en resposta-los correos) pero para estes proxectos sempre pode buscarse un anaquiño de tempo.

Próximamente, o mesmo para modelos galegas (e galegos), maís iso adiante, que agora ando ateigado de cousas! saúde e boa música!

Os comentarios están pechados.