supercoomputadores para super….super

supercoomputadores para super….super

Un profe de Virginia di:

He looked at various architecture options and was in the process of buying Dells when the deal fell through. He also worked with IBM and AMD and couldn’t get the price to match. The budgets were coming in at $9 to $12 million dollars. The IBM with a PowerPC 970 was a first choice but the earliest delivery date would have been January 2004. Varadarajan said that you can’t design a Supercomputer and wait that long for delivery. “You wouldn’t buy a car and leave it at the dealer for a year and a half. We wanted a short three-month-build cycle and could not wait six months.

[….El estivo votando un ollo a varias plataformas, e de feito ia mercar uns Dell cando deu en pensalo millor. Traballara con IBM e AMD e non acababa de ter un precio. Os costes ian entre nove e doce millons de dólares. O IBM co PowerPC 970 foi a primeira elección, pero a data de entrega máis temprana era xaneiro de 2004. Varadarajan dixo que “ti non podes deseñar un coche e deixalo no distribuidor un ano e medio. Queriamos un ciclo de construcción curto, de tres meses, e non agardar seis” ….]

vaia ohhhhh….. aqui van agardar non seis meses senon un ano a que IBM España lles monte o parato.

En cifras.

Na tele e noutros medios dixeron que o supercomputador español sera quen de facer 40 billons de operacions por segundo, que terá tanta memoria coma 18000 ordenadores, e que terá 4500 procesadores xuntos.

Ou seña, que 70.000.000 euros / 18000 ordenadores, = 3888’8 euros por ordenador …. coime co ordenador, e despois metense con certas marcas.. 😉

Agora imos con Virginia.

Utilizaron 1100 ordenadores, cada un deles con 4 gb de memoria e 160 megas de almacenamento, o cal fai un almacenamento total de 176 terabytes.

¿Cantos terabytes tera o ordenador español?
128 Terabytes. e 9 terabytes de almacenamento. O de Virginia, ten 4’4 teraflops. Dous coma o de Virginia serían coma un do español.

¿Cal sera a sua potencia de cálculo?
40 teraflops. O de Virginia ten 17 teóricos. ou seña que con dous e pouco xa terían a mesma potencia. E iso sería 5 millons de euros (imos redondear e euro=dolar) X 2= 10 millons de euros…… o español custará 70, SETENTA millons de euros.

mmmmm

Isto de non ter carreira fai que me plantexe onde está o truco. Polo momento ollando as fotos da firma do acordo de compra, xa atopei un rapaz con tirantes [ligazón a foto, 2 megas]. Quen sabe, o millor o dos tirantes e o que ten a solución de todo este lio…

Os comentarios están pechados.