o novo de gibson

on 20/04/2004


Algo bo que ten Madri e, a parte do bus 157 que vai a LaMora -La Moraleja-, ou que cando vas a buscar traballo tes máis que na tua terra (cousa que nunca entendin: aqui temos mais cousas por facer!), e La casa del libro, unha libreria na que e moi facil atopar literatura estranxeira.
Teñen unha sección de literatura estranxeira, onde podes atopar literatura rusa, literatura alemana, literatura galega (si, si, esta nesa sección, entrando a mao dereita) ou literatura inglesa.
Na sección de novidades atopei este “pattern recognition” ( recoñecemento de patróns), de William Gibson, que seguramente moitas recoñeceran por se-lo autor de Neuromancer. (sí, casualmente o carón seu tamén estaba “en que soñan as ovellas eléctricas”, xa citado noutro artigo, que moitos coñecen por se-la obra na que esta baseada a película Blade runner.
Ben, o libro e xa

do 2003,máis e o último de Gibson, e foi botarlle un ollo e botarlle a mao. Quedeime sen ver estarsquiejach, pero ERREONCE vaille dar mil voltas.
Con tempo.
Polo de agora so lin os primeiros cinco capitulos, pero gustome moito eses aqueles de Gibson, coma “fun Guugelar a palabra X” ou darlle un papel protagonista o equipo dunha das protagonistas, un cubo (de Apple).
Gibson está o dia, e non só pola temática, senon que só hay que ve-la sua paxina.
Xa, o millor por esto que digo mañá mesmo atopareime que con que Manuel Rivas ten páxina oficial,pero non falo diso. Falo de participación activa na rede como a que tiña ata hay nadiña (e da que foi pioneiro), Suso de Toro, o que se lle vota a faltar.(i e que ter que atopar a Suso de Toro na caché do gugel, dame mal despois de todo o que fixo na rede)
Relendo de novo os dous primeiros capítulos, estou pensando en retomar algo que comezara a escribir en Agosto de 2001 mentres traballaba de peon cavando zanxas por Neda.
Deixeno daquela cando chegou o 11S,máis polo que estou lendo do traballo de Gibson, o millor non era tan mala a idea dun rapaz galego que da solución a fusión fria dende a sua aldea….

[non sei se está en castelán, porque merco directamente en inglés -lingua do autor-, máis sei que non está en galego. E preguntome se non hay editoriais interesadas en publicalo -eiqui xa teñen un traductor-, xa que se traduce a jarripoter…]

Os comentarios están pechados.