Dictaduras tecnolóxicas: condenados a sede


Dictaduras tecnolóxicas.

Tanto falar de brechas dixitais e todo témolo diante.

A cmt, que e un sitio que ata hay uns dias poucos coñecian -eu sí- , e que sen embargo, influia na vida de todo o mundo que queira comunicarse de xeito non presencial. Comisión das telecomunicacións.

Estes dias hay polémica, porque o concello de Altarfe fixo un plan para dar acceso a todo o mundo. ( coma eu quixera facer xa hay catro anos).
O caso e que hay pouco houbo unha
denuncia, e todo o proceso atópase en perigo.
E aqui comeza outro friki-chou:

A excusa de todo e que o concello fai a competencia desleal as compañías de telecomunicacións.

A ver se enterome ben do que pasa.
Sucede que hay unha xentiña que di que non poden dar acceso a rede, a moitos usuarios, e sen embargo se ti queres dar acceso a rede, denúncianche.
Se en lugar de datos falaramos de auga, significa que moita xente non ten acceso a auga corrente, e hay alguén que quere levala a cubos, e a esa persoa que sube o monte cos cubos dinlle “oes, que non podes, faslle a competencia desleal a estos ” -” pero se estos non queren levala” “sí, si, pero a ley ten que cumplila todo o mundo”

Pois que noxo de ley.

Os pastilleros xa están a poñe-las cousas sobre a mesa, e outros tamén.

Estamos deixando de vivir na era de acuario para vivir na dictadura tecnolóxia. Tes dereito a dicir o que queiras, se e utilizando nosos micros. Tes dereito a usar a biblioteca, se les nosos libros.

1984-2004.

O que falaba de Catalunya, so errou en vinte anos.

Pero non podemos deixar que esto continue.

O meu procesador de textos, e o Abiword.
Un procesador de textos gratuito e libre que calquera pode baixarse de balde aqui ( ou se queredes o binario para mac aqui).
Pois ben, proxectos coma este, corren perigo cunha lei, que socarronamente chámase “de patentes de software -programas-“, e que se leva a cabo, a probada polos representantes de todos (entre eles, os eurodiputados do PP, BNG, PSOE, etc), o que provocara e que eu cando queira escribir cun procesador de texto, teña que pagalo. E dicir, moitos voluntarios que traballan desinteresadamente, xa non poderán levar a cabo seu traballo.
Supoño que e o que pasa cando moitas ONG’as cada vez más institucionais son as que acuden a zonas de conflicto internacional, posto que dese xeito, menos testigos.
Lembro que cando saiu a ley do voluntariado, dende a ONG dende a que daquela estaba de voluntario, fixemos unhas xornadas para analizar a nova ley do voluntariado. Baixo a excusa de máis control, máis axudas, existia a vontade dun control férreo sobre todo o que se movese.

Control, control, control….. ten que ver. Eu digome que se as forzas que se teñen en querer controlar, se puxeran en traballar, isto iria doutro xeito.

E agora lembrome da galipedia, (enciclopedia libre en galego), cando hay so uns meses falabas dela, ninguen a coñecia, e non tiña moitas entradas . Ben, tiña unha chea, en proporción a xente que colaboraba.
Pero agora xa hay máis de mil entradas. Mentres outros controlan, outros traballan, e alédome de ter colaborado un currusquiño con algún proxecto destes, porque todo e pouco , dende a difusión ata o traballo en sí.

Os comentarios están pechados.