Nova accion do exercito guerrilleiro galego contra os servidores DNS do ESNIC :)

A pasada tarde produciuse un ataque contra os servidores DNS da organización española ESNIC.
Ditos servidores son responsables de traducir nomes de dominio a IP`S . Por exemplo, o dominio rediris.es correspondese coa IP 130.206.1.3:

[G5-20:~] grueiro% ping rediris.es
PING rediris.es (130.206.1.3): 56 data bytes
64 bytes from 130.206.1.3: icmp_seq=0 ttl=248 time=27.882 ms
64 bytes from 130.206.1.3: icmp_seq=1 ttl=248 time=10.657 ms
^C
— rediris.es ping statistics —
2 packets transmitted, 2 packets received, 0% packet loss
round-trip min/avg/max/stddev = 10.657/19.270/27.882/8.612 ms
[G5-20:~] grueiro%

As fontes as que tiven acceso fixeronme saber que esta foi unha nova acción de loita contra o estado español, en reclamación por todo o pobo galego que segue sen ter acceso a rede. Baixo un comunicado encabezado por un “¡Rede ou loita!”, o exército guerrilleiro galego da a coñecer sua estratexia e motivacións desta: que mentres non se aplique unha nova política de acceso universal a rede en todo o rural galego, continuaran as sabotaxes as diferentes empresas e entidades públicas que , por acciou ou omisión, fan que sega a perdurar no tempo esta situación de vergoña telemática, segundo o comunicado que puiden ler.
E de supoñer que esta acción cometida aprobeitandose da fraxilidade dos procesos de renovación da base dos dominios cada poucas horas, gardará relación coa reivindicación que hay anos que pesa sobre o dominio “.gal” para Galiza, (coma ocorre en Catalunya)de ahi o escoller un ataque contra os dominios “.es”.
As mesmas fontes apuntanme que se ben dito comunicado ten en principio caracter privado, se as devanditas reivindicacións seguen sen levarse a cabo, preténdese facer chegalas a toda a opinión pública, poñendose en contacto con diferentes medios e persoeiros galegos , coma foi no meu caso co cal e de supoñer que outros medios teñan coñecemento desta nova.

Fagome eco desta nova sen apoiar necesariamente as accións violentas, declaro que e precisa o fin das accións armadas ou violentas, pero si que coincido nestas reivindicacións e recoñezo que ata o momento accións máis pacíficas non tiveron o éxito desexado.

O comunicado remata facendo mención a organización, posto que o parecer despois da rexuntanza, o comando telemático e so unha das partes deste grupo. Seica existe tamén un comando ecoloxista que, despois do acontecido co lume este vrao (diversas accións coordinadas, unha verdadeira declaración de guerra contra o cerne galego) e dos intereses de compañías coma Endesa (futura alemana EON) nas Pontes (proxecto de “rexeneración” facendo un lago artificial, a termica mais contaminante de Europa, etc , plantexanse novas accións en defensa da terra se governo galego ou español non toman medidas lexislativas, económicas e sociais exemplares.

Pola miña parte so quero engadir que varias horas despois de ter sucedido isto, na paxina do ESNIC, nic.es, na sección de novas non existía nengun comunicado sobre o acontecido.

Outras paxinas que fanse eco da nova:

microsiervos
86400
Chegados aqui poderiamos pensar que todo isto e unha invención miña, pero … ¿que outra alternativa queda? ¿pensar que foi pola sua neglixencia? ¿que e mais dificil de pensar que ocorra?  ¿que milleiros de galegos non teñan acceso a rede? ¿que un grupo de loita armada galega tome cartas no asunto? Realmente, ¿Cal e a verdeira vergoña? Todo isto non deixaria de ser unha invención se non fose porque a parte correspondente as reivindicacións segue a ser real

30 81 89 02 81 81 00 c8 99 85 03 ad 77 7e 1c f7
08 64 0a bf ce 63 83 e9 f0 01 1c f8 36 65 1b 1b
d1 2b 30 ec 29 e3 20 80 17 58 d1 6e 28 81 f0 87
e0 e9 7c 89 b3 0d b4 ac d2 a8 65 4f 14 b1 26 f9
a7 fc 3a da ae fc 17 96 c4 f1 59 63 49 cd f1 7a
be 5d e6 e9 bd ff be 26 24 27 3b 59 0a ee bb 53
8e 0b 8a f1 dc f0 9f ee 8e a5 2d 8f f6 40 3b f9
e7 2a 5b 3e 34 62 db fa e9 aa 0c a5 0d f2 e8 86
c8 0d ec 03 db 22 d1 02 03 01 00 01

One ResponseNova accion do exercito guerrilleiro galego contra os servidores DNS do ESNIC :) to “”

  1. chuza.org Says:

    Nova accion do exercito guerrilleiro galego contra os servidores DNS do ESNIC…

    A pasada tarde produciuse un ataque contra os servidores DNS da organización española ESNIC (http://chuza.org/historia/cae-toda-a-internet-espanola-2/). As fontes as que tiven acceso fixeronme saber que esta foi unha nova acción de loita contra o es…