Rodolfo Langostino invade o castro de As Grovas, Ribadeo

(Preme na foto para ver a máxima resolución)

Unha invasión de Rodolfos Langostinos prepárase para invadir o castro de As Grovas en Ribadeo.
O tutor desta plaga de langostinos, a empresa Pescanova, declarou despois duns fogos artificiais, e por boca do seu presidente,Manuel Fernández de Sousa que “metense con nos, pero os noruegeses de «Stolt Sea Farm» deixanlles facer unha granxa de rodaballos preto do castro de Baroña. (suponse que iso otorga dereito a PESCANOVA a facer o que lle pete)

Dase a circunstacia que Ribadeo vive do turismo, pero pese a zona tan rica de xacementos arqueolóxicos da zona ribadense, a maioria estan sen investigar nen manter, e xa non digamos que estan sen explotar turisticamente
Existe un cargo de director da Gerencia de dinaminación turística de Ribadeo, Juan Luis Erice Calvo Sotelo (conferenciante, ex xestor de coñecemento de Egon Zehnder, e sobriño do ex-presidente de governo Leopoldo Calvo Sotelo), asi como unha fundación comarcal da mariña oriental. Seu director e Manuel Valin Valdes, e ata o momento tampouco declarou nada. E de agardar que estas persoas, xestores de entidades públicas que teñen coma obxetivo coidar do entorno como ferramenta para o turismo, o mesmo que o concello de Ribadeo, tomen medidas no asunto, porque baixo a hipotetica posta en marcha de novos postos de traballo, pretendese ignorar as repercursións sobre o patrimonio, e sobre todo ecolóxicas. Xa en Fuerteventura tiveron problemas por non tomar medidas e Ribadeo non sera menos.
Tal e como indicaba Antonio Gregorio, de Ribadeo, no seu weblog, a documentación da piscifactoría menciona que a máxima filtraxe sera de un milimetro (ou seña, que se por moita suciedade que teñas, pasaslle a batidora, todo iso vai directamente o mar)

José Martínez Couselo, no seu blog “acento gallego“, xa indica que despois do ecocidio do Prestige e cando todo o mundo falaba do Plan Galicia, PESCANOVA dixo que ia facer algo por Touriñan. Esa factoría de Touriñan e a que hoxe queren facer en Ribadeo. E sinxelo falar cando os políticos dician que darían 12.000 millons de euros para o PLAN GALICIA. ¿onde están? ¿onde está PESCANOVA?

Ligazóns relacionadas con Rodolfo Langostino, o okupa dos castros galegos.

Documentación do proxecto da piscifactoría de PESCANOVA en Ribadeo.
Ponte en contacto con Grumete, o amiguiño mariñeiro de Rodolfo Langostino, para que se alquile un piso con el e deixen en paz os castros.
Lexislación de aplicación da piscifactoria.
Foro de a las barricadas.
O tribunal superior de xustiza galego paraliza as obras de Rinlo.

Unha paxina moi interesante de estudiantes de historia da UNED con seccions de arqueoloxia .

weblogs Ribadenses que falan deste tema:

Antonio Gregorio.
Vida socio-politica de Ribadeo

Esta e a piscifactoría do noso amigo Rodolfo Langostino. Outro dia falaremos da piscifactoría que quere facer preto de ali o irmán do ex-ministro , Ramón Alvarez Cascos, titular de Acuinor tamén en Ribadeo.

Os comentarios están pechados.