A risa dos inútiles.

on 23/04/2004

Recentemente, atopeime cun problema.
Todo o mundo riuse de min porque comencei a falar en inglés e ninguén me entendeu.
Que divertido e rirse con alguen, e que maldade rirse de alguén.
Despois pedironme que falase so nun idioma.
Ben, irei o grao.
Ata que punto agárdase que un ( ti , eu) escoite en tódolos idiomas, para despois non falar en ningún?

E esta afirmación da fala , e con dobre sentido, referíndome a falar coma crítica no feito da comunicación, e tamén o non saber falar (porque tampouco tes ocasión en emprega-la fala e así pulila).
De certo xeito, isto e coma unha moda.
Solicitar idiomas.
Un, tres, cinco, un feixe deles.
Se non os tes, non te-lo traballo.
Máis a hora da verdade, é o xefe ou ninguén quen se ocupa de todo, ou quen fala todo.
Para qué os idiomas entón?
Pois será para para os que teñen cartos para pagarse os títulos, e os que non teñen eses cartos, non teñen idiomas.
Con iso non quero dicir que so cos cartos te-lo título, pero sí afirmo exactamente seu oposto, que se domina-lo idioma e non tes papel, non tes nada (falo so a nivel social, desentrañando estas leis non escritas, non e que eu pense que teña que ser así).
Inútiles e frustrados.
Inútiles os que aprenden que so podes millorar facendo inutilidades, e frustrados, os que aprenden que é inútil facer cousas útiles.
Dito todo isto: con ou sen titulo, saber idiomas e fermoso , divertido , e moi útil.
Fai un mundo máis pequeno.
Xa o din: esta e a era da destrucción da xeografía.

Os comentarios están pechados.