Ley de costas?

chalet entre a praia de Illas e a de Os Castros

(preme na foto para ler as anotacións da mesma)
Teño entendido que existe a obligatoriedade de deixar unha marxe de cen metros (100 m.) para contruir preto da costa.
No seu momento, Greenpeace protestou pola construcción dun hotel que violaba esta ley.

(foto de Greenpeace. preme na foto para ver a maior resolución) 

Isto e asi polos abusos cometidos nos ultimos anos , pola construcción de xeito indiscriminado no litoral do estado español.
E nos, como bos españois, non nos libramos na Galiza de construccións elitistas, que non se pode permitir calquer persoa, como e o caso da foto que amoso hoxe.

O chalet en cuestión non ten perda, atópase entre a praia de Illas e a praia dos Castros.

Varias persoas por separado dixeronme en varias ocasións diferentes que debaixo desa casa habia unhas mámoas ou un enterramento antigo semellante, inda que eu iso non o vin.

Pero non o vin por duas razóns:

1- Eu non estaba cando construiron esa casa, asi que non podo sabelo.
2- Debido a que agora hay unha casa, endexamais poderei ver esas mámoas. So vexo a casa.

Ben poderia ser certo. Teño a persoal teoria, e sei que non son o único, que a área do literal que esta o oeste de Ribadeo e unha das máis ricas en xacementos arqueolóxicos de cultura castrexa (chamalle castrexa, celta, etc). Pero estan sen explotar, outra cousa a revisar as razóns diso.

Preguntámonos ata que punto é ético que, habendo esta ley , pasen estas cousas, pasa que fanse estas construccións, non de necesidade, senon de luxo, amosando ante todo o mundo que non todos somos iguais ante a ley como ben di a constitución española.

Din que o litoral vai ser sementado, non dunha casa, senon de moitas casas. De agrupacións de casas as que chaman non lugares ou aldeas ou parroquias, senon urbanizacións, que é como unha parroquia laica. Laica xa non de santos e relixión, Senon laica de ética e cerne.

8 ResponsesLey de costas? to “”

  1. mendinho Says:

    Estrictamente o mínimo son 20 metros desde a pleamar viva equinocial segundo a lei antiga.

    Despois isto ampliouse a 50 metros (ampliable ata 100m se o concello o considera así)coa nova lei de costas do Estado do 2000, que se aprobou en pleno verán cando media España estaba torrándose ao sol.

    Esta lei prevé que as casas que agora estén entre os 20m e os 50m poidan ser expropiadas, mas como a administración non ten cartos para expropiar as casas admite unha segunda opción: 25 anos de disfrute e despois derrube sen pagar un can.

    Moita xente non coñece esta lei, que como dixen, foi aprobada por unanimidade nun tórrido verán. Como comprenderás, no 2025 vai a a haber moitas sorpresiñas desagradables para estes propietarios. É cuestión de tempo.

  2. grueiro Says:

    Non sabia os detalles. Graciñas mendinho.

  3. Lucia Says:

    Teño que dicir que esta casa estaba antes de que aprobaran a lei se mal non recordo, levo toda a miña vida entre ribadeo/barreiros e en barreiros pasa o mesmo, hay un monton de casas a pe de praia que construironse cando todavia nom existia dita lei.
    Por outra parte se estivera ilegal como ben se comenta xa terian que haber feito algo, debido que co tema do famoso ‘paseo maritimo’ todas as casas que estaban en esta situacion, e dicir ‘ilegais’ x chamalas dalgunha manera, foron ‘rapadas’.
    Un saudo

  4. grueiro Says:

    ola Lucia. Interesariame coñecer entón a data de construcción do complexo de ocio que tiña Caixa Galicia en Barreiros. Tirarono no 2003

  5. ALBERTO Says:

    POR FAVOR SABEIS A QUIEN PERTENECE ESA CASA?, ME IMAGINO QUE HA ALGUIEN DE PESO POLITICO O ECONÓMICO, VERDAD?, ESPERO POR EL BIEN DE NOSA TERRA QUE ESTE EJEMPLO NO SE REPRITA NUNCA

  6. grueiro Says:

    Ola Alberto.

    Teño entendido, e de catro fontes diferentes, que esta casa pertence a un alto cargo da Deputación de Lugo, asi que suporei que ten que haber algo de verdade niso, asi que será como dis un alto cargo ben da deputación ou ben dun organismo público semellante.

    Cando estas catro persoas, diferentes e en diferentes momentos, informáronme disto, algunha tamén facia mención a que como imos ter o noso patrimonio castrexo explotado cultural, social e sobre todo económicamente, coma en Irlanda por exemplo, se en casos coma este unha das persoas responsables do eido arqueolóxico e doutros, destrue mámoas a construe unha casa riba delas.

    Eu estou dacordo con ese argumento. Contra el poderiamos dicir que se a cousa esta mal, porque non se toman medidas, pero lembrade isto: por As Anzas, por Vilaselán, por moitas parroquias, moita xente que anda agora pola mediana idade, lembra de xogar de pequenos…¡con pezas de barro castrexa!. Se daban con elas a pesar de non estar ben explotado e protexido, imaxinádevos a riqueza que seria tendo ben protexido e xestionado todo isto. Deixar a monte todo e dun pobo bruto e nos non o somos, so somos un pobo que sufriu moito.
    Agardo que polo menos todos señamos, co tempo, conscientes do patrimonio que inda temos.
    Nembargantes, o rexistro da propiedade , coido que é publico e ten páxina en internet. Todo seria cuestión de consultalo.

    Vouvos dar, falando de Irlanda, un exemplo relacionado con isto. A capital de Irlanda , Dublin, ten serios problemas de tráfico, e queren facer outra autoestrada máis. Esta autoestrada ten plans dende o 2005 para pasar preto de Tara, un enclave arqueolóxico importantisimo, tanto para Irlanda como para Europa. Pois ben, houbo unha campaña para solicitar que non pase preto dali a autovia e que se respete Tara e seus arredores:
    Ali non son mia slistos, so e que levan máis tempo en democracia e danse conta que dende a cidadania e de onde deben sair estas recamacións se o estado non fai nada:

    Información xeral de Tara en indimedia Irlanda..
    informacion moi clariña sobre a estrada que queren facer preto de Tara.
    Peticion o primeiro ministro irlandes para que non se faga unha autovia preto de Tara.

    Coido que en temas como este, temos que , primeiro , perdoarnos a nos mesmos por non ser coma os doutros paises, porque como digo tivemos e inda temos como pobo moito sufrimento, e asi, facer o que poidamos. Que non sae, que se lle vai facer, pero tentamolo. Por iso escribin este artigo no blog. Levo toda a vida vendo esta casa, e inda asi non atopei razóns para, con toda a terra que hay , destruir o patrimonio para poñer riba dela e do mar unha casa de ocio.

    ********

    Edito o comentario para engadir os datos que me faltaban , os datos publicos desta finca pola que me preguntades:

    Datos del Bien Inmueble
    Referencia catastral 27051A001000160000HJ    Copiar referencia al portapapeles
    Localización Polígono 1 Parcela 16
    CASTROS. RIBADEO (LUGO)
    Clase Rústico
    Datos de la Finca en la que se integra el Bien Inmueble
    Localización Polígono 1 Parcela 16
    CASTROS. RIBADEO (LUGO)
    Superficie suelo 6.379 m2
    Cultivos
    Subparcelas Clase de Cultivo Intensidad Productiva Superficie (Ha)
    0 PD Prados o praderas 02 0,6379

    O parecer -acabo de coñecelo pola web da oficina do catastro- , o publico son os datos da finca, a titularidade da finca e un dato privado.

    Podedes atopar información sobre esta e outras fincas utilizando a ligazon a oficina do catastro.

  7. ALBERTO Says:

    Moitas Graciñas, no es que seamos un pueblo con menos capacidad, o menos experiencia, es que no apreciamos la riqueza de nuestra cultura, la impresionante belleza de nuestro pueblo tanto geográficamente como desde el punto de vista humano, no respetamos nuestras raices y es ahi donde cometemos un gran error, un filósofo muy importante alemán, dixo”el pueblo que no recuerde su pasado y aprenda de él, estará condenado a repetirlo” y en esto los gallegos, parece que últimamente queremos subirnos al carro de la modernidad y del lujo, sin recordar que hemos sido toda la vida un pueblo luchador, trabajador muy orgulloso de nosotros mismos, tremendamente generoso y humilde. Un abrazo

  8. grueiro Says:

    “…y en esto los gallegos, parece que últimamente queremos subirnos al carro de la modernidad y del lujo, sin recordar que hemos sido toda la vida un pueblo luchador, trabajador muy orgulloso de nosotros mismos, tremendamente generoso y humilde. ”

    Coincido no que dis
    unha aperta