Os barrios marxinais da fundación telefónica

la moraleja

(preme na foto para ler as anotacións da mesma)

están falando agora na tele (teño que vela máis) a mandrágora, un programa que se di cultural, no cal fala da obra de Joan Colom sobre o barrio chino de Barcelona, coa sua leica.

A leica e unha cámara que costa uns cartiños.
Agora as fotos de Colom amosanse pola fundación telefónica na Gran Vía madrileña.
Ben, o programa, a crítica, insiste en falar deses retratos de branco e negro sobre “as zonas marxinais de Barcelona”.
A min o que me parece e unha prostitución das imaxes en si mesmas, asi que a miña crítica foi coller un bus e ir a Madrid, para facer un traballo sobre zonas interesantes, tales coma Gran Vía, a universidade , e La Moraleja, un barrio marxinal de madrid: so esta cheo de chabolas illadas do resto de Madrid, que a diferencia das chabolas normais, estas non están intercomunicadas, nen teñen máis vida social que a través do centro comercial.

A falta que teña claro dunha vez como abordar a estructura da seccion galega do meu sitio (admito suxerencias) velaquí a ligazon para ver esta serie sobre as zonas mais marxinais de Madrid. (por suposto, parodiando o traballo de Salgado e Colom, meu traballo foi levado a cabo cunha zorki )

Os comentarios están pechados.