Ampliación del campo de batalla

09/05/2004

De Michel Houllebeq.
Non coñecia este autor, e interesoume sua prosa (lin a traducción o castelán, nos pobos galegos e dificil de atopar a versión en francés, Extension du domain de la lutte
) e sua descripción da realidade.

As veces teño escrito cousas asi, e por ignorancia e por ter unha pésima formación en literatura, non tanto por min como por non ir cunha camiseta que poña “escritor” ou “escritor doente” ou tamén “escritor maldito” (si a de escritor currante, pero excepto Antonio Pernas cando fala en programas de tve 1 de Bukowsky, iso non sae nas camisetas que preven ler os mestres ), pensei que era un mal camiño; agora doume conta que non hay que parar de percorrelo: Houllebeq non tivo problema en describir a crise de valores dun informático que xa non lle ve sentido a vida.
Fai ben.
Un peon de albanel de Neda tampouco lle veria sentido, ou unha nai solteira das que traballan para unha subcontrata que traballa para unha empresa que traballa para zara ( falo de zara empresa, non de zara a protagonista feminina do último libro de LeCarré, que era amiguiño de kubrik, o cal tamén denunciaba as guerras).
Unha paréntese, sen darme conta citei a unha empresa copia-moda (non o digo eu, dino eles, asi como o satisfeitos que estan de baixar a música varias veces o dia nos paises arabes para permitir seus ritos relixiosos) , zara, e un deseñador de moda galego, vaia, máis nomes concretos que na metade das novelas editadas no que vai de ano en galego….Houllebeq e un problema, porque non me sinto culpable despois de facelo (el non fala de erreonce, máis si do erreonce francés, o 205 gti)
Enganchoume dende o momento en que despois de falar dunha secretaria, puxose co C++

Pasou o pascal (entrámbolos, duas linguaxes informáticas) , e rematou falando de Pascal (científico).
A continuación, pasou a outra cousa.
Ben, eu tampouco voltarei a autolimitarme, se aqui non queren velo, en fin, que lean coma min a Michel.
Michel que despois foi a Tenerife, o mesmo que eu fun a la Moraleja, pero iso xa e outra historia.

Os comentarios están pechados.