a cova da caverna matriziana

22/05/2004

A cova da caverna matriziana.

O da z e porque está de moda meter esta letra nos sustantivos.
Ontes un comentario no xornal de novas Barrapunto.
Alguén falaba que onde vivia, había moita xente que pasara a Guerra civil española, e a maior parte deles o que afirmaban e que xa entramos na guerra. Xa estamos nunha guerra. Guerra de baixa intensidade, pero guerra, que ira subindo de intensidade máis e máis.
O millor e polos recursos. Ou sí, ten que ser.
Parece que non foramos salvaxes, pero todo resulta moi salvaxe, se non non se chamaria wildliza (un xogo de palabras entre Galiza e salvaxe, en inglés) o libro que ando a reescribir sobre esta Galiza salvaxe que vive unha peneira entre o século vinteún e a sociedade do dazaoito.

A nova era que o governo de EEUU subcontratou a unha empresa, a obtención dun listado de posibles e hipotéticos terroristas.
Isto tería que facer reflexionar moito a nosa sociedade, posto que o que fixo esa empresa para obter , para construir máis ben, ese listado, foi cruza-los datos entre diferentes listas de sanidade, educación, datos bancarios, asociacións, etc, en función de determinados parámetros.
Non poderemos botarlle a culpa agora o equipo, o ordenador, que procesa os datos.
Nesta época de pseudorevolución tecnolóxica, esquencense de dicirlle os cativos que os ordenadores son parvos. Quinindiolamente parvos. Estúpidos. Máis parvos que a persoa máis parva.
Os ordenadores non teñen iniciativa, e os ordenadores hay que mandarlle as cousas, hay que programalos. Son entes totalmente non-creativos. E inda para o dia que señan entidades que razonen coma nos, será porque primeiramente algun ser human programounos, ou porque un ser human programou unha maquina que a sua vez programounos.
Digo todo isto pola nosa responsabilidade, pois témola. Ata agora non teriamos a técnica para facela, pero se agora a temos, e a sociedade a que decide, ou omite (o cal e unha decisión) o que facer.
No fondo, somos nos.
Consentimos no seu momento que nos dixeran que non existía marea negra mentres recolliamos chapapote coas maos?
Non, e deu igual o que insistiran pola maior parte (lembrémolo) dos medios.
Se na rua queren matar a alguen, e esta na nosa mao impedilo, e seguramente opoñerémonos.
Os conductores, manexa unha máquina cunha potencialide asesina incrible, e sen embargo, usámola para desprazarnos.
Do mesmo xeito, e a sociedade a que debería decidir da corrección ou non destas accións. Recentemente, aprobavase na union europea a cesion de datos das xente que viaxea en avion as autoridades de EEUU.

O plan de cruzado de datos chámase Matrix (en serio, chámase así, non e invento meu).

Deberiamonos coñecer nun lugar onde non houbera oscuridade, dicia o escritor George Orwell na sua novela 1984, e non lle faltaba razon para pensalo.

Os comentarios están pechados.