non falarei de Fraga

27/05/2004
Fraga Iribarne, do que lin, aparte de varios libros seus, duas biografias sobre el (non sei se todo o mundo que opina del ,calisquer que seña sua opinión, poida dicir o mesmo), parece se-lo protagonista de moitas páxinas na rede, e inda fora dela, todos precisan deste referente, co cal o final rematasendo un icono imprescindibel
Pero non desta.
Non preciso do seu ataque ou consentimento.
E inda asi, hoxe falarei dunha analise da realidade que fixo esta persoa.
Non falarei desa análise por ser del, senon por coincidir coa visión doutros, de moitos e moitas galegas,e precisamente iso atinxir a esta sección de sociedade (as veces penso se troca-lo nome de sociedade por outro, dado que agora sociedade e facer un video de duas ou tres persoas e poñelo nunha tele, nun programa despois de comer. Nas públicas poñen telenovelas)
Como faiseme longo falar desa analise, que primeiro a visite a traves desta ligazon.
E unha vez lida, direi con outras verbas o esqueleta desa análise dalguns:

  • Algunha vez dubidei en escribir o libro -en castelán, faltaría máis!- “¿Existe vida más allá de la M-30?”. Agora xa non o dubido, máis non sei se o faran antes estos opinadores.
  • O Mundo e perfecto. España e perfecta. A xuventude son uns viciosos.
  • Quen non estudia e porque non quere. Quen non traballa e porque non queren, os que somos presidentes sómolo porque estudiamos e traballamos moito, e os demais non estan coma nos porque non o merecen.
  • Na miña familia hay xente que ¡levou unha vida sacrificada!-nos non, so estudiamos unha carreira e traballamos toda a vida na administración-.

    Contra esto, eu contrapoño miña visión.

  • E certo que hay xente que non estudia ou non traballa, pero non porque non queira. Claro que sempre podemos ler.
  • Vexo un mundo imperfecto, na medida que non podes decir que é imperfecto, posto que vivimos no mundo máis perfecto no tocante de tódolos mundos posibles, que xa inclue imperfeccións por si mesmo (fame en África, inxustiza na Galiza, neve na Antártida). Se dis que e imperfecto eres insultado con duas verbas: ignorante e revolucionario.
  • Vexo xente mo traballadora , tanto que cando non lles e posible traballar na sua terra, non se arredan, tiran para adiante e vanse fora a traballar. Pero e porque non se lles permite traballar na sua terra.
  • Na miña familia…Ben, para iso teria que ter familia. Celebro a sorte dos que non lles morreu a familia de calquer tipo de enfermidade laboral, e felicito , falsa e irónicamente, os que fan diso motivo de celebración .

    Engadiría outra cousa: vivimos nun país libre

    __________________________________
    quen isto escrebe, agora ten -como tantas- que preparar duas cousas para mañá a mañá,

  • a roupa para traballar na obra , de xeito totalmente ilegal (os caciques locais contrantan….a quen contratan) . Inda que isto teóricamente non debería darse, porque tería que facer este traballo quen non sabe facer outra cousa. Ah! pero velaqui que os que saben facer cousas, os que deberían saber facelas, xa teñen o posto ocupado, e se ti non levas cartos, non tes nada. Claro, e a situación que hay nesta terra, onde temos tres industrias, a turística, a da subención, e a industria farlopeira. Por iso no IGAPE axudase a quen xa ten algo, por ser destas tres industrias: se non tes nada, xa que tanto vale un, teria que ter medios, ¿non? e se non os ten e porque non sabe facer nada e debería estar carretando area nunha obra. O dito.Os que despois che cuspen a cara que non queres traballar son os que traballan por enchuoposición.
  • un plan de foros sociais telemáticos para entregar desinteresadamente nun concello.Mentres, ese concello fixose famoso durante moito tempo por non ter nada neste eido. Iso si, había unha persoa responsable cobrando.

    A sociedade esta faiando, posto que nestas ecuacións hay resultados que non deberían estar a partir dos enunciados.

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

  • Comments:|Comentarios

    Agremon on 28/05/2004

    Noto un fallo: na antártida hai neve por cuestións naturais, non por intervención humana. Precisamente, está deixando de habela por esa razón, e eso si que é unha inxustiza, aínda que sexa para os pingüinos (ó resto tamén nos toca)

    Os comentarios están pechados.