Stein e o ecocidio

Stein e o ecocidio
on 05/01/2004

Non quero meterme co traballo do meu colega Norman Stein, pero si matizar o seu traballo sobre Galiza. Explicome. Fai uns meses publicou un almanaque con fotos da marea negra do prestige. E parte das ganancias iran a parar a organizaciòns ecoloxistas. Iso non me parece mal.

Pero o que me parece moi mal e que se fale de “catàstrofe”. Non pedimos a xente que nos visita que se fagan uns expertos en cultura galega, a nosa iconoloxia, desgracias e heròes. Non. Pero nunca que non chamen as cousas polo seu nome. Isto non e unha desgracia, nen unha catàstrofe. E tampouco mala sorte. Nen tampouco unha desgracia divina. Por iso non participei na selecciòn de fotos que organizaba o colexio de xornalistas de Galicia. O igual que no caso de Stein, pareceme estupenda a labor de divulgaciòn que fan, pero non queria que aparecese miña obra baixo o amparo da palabra . catástrofe

Allan Sekulla falaba no 2003 de iconoloxía, de percepción, de cousas moi interesantes, pero tamén falaba de catástrofe industrial. Él e , ademáis de fotógrafo, escritor e crítico.
Él foi o que expuxo sobre o prestige. El ten a voz, porque danlle voz. E coa sua voz, deixa para a historia, coa obxetividade dun fotógrafo, coa rigurosidade dun escritor, coa valentía dun crítico….que isto e sinxelamente unha catástrofe industrial da cal falar coma icono da sociedade.
Tal vez será un icono, pero non das catástrofes industriais. E a sua análise atópase valeira, pola carencia da experiencia.

Mais dende Alemaña poderemos mercar o seu discurso. Discurso que non tardou moito en facer. Todo un profesional.
Eu en contra, que tamen estou tentando deixar constancia da situación , vexo que so acabo de comezar. Cando teña mais traballo feito, supoño que estaría ven contactar coa editorial de Allan.

Gracias precisamente a tentar reflectir a realidade do que esta pasar no seo da nosa sociedade (non as miñas ideas, senon o que chega a min: tan so subxetivismo obxetivo), logrei que a obra que adico a marea negra do prestige, pasara cen veces màis desapercibida que moitos aficionados que presentaron a sua obra en diferentes exposiciòns. Temos que ser coherentes e chama-las cousas polo seu nome. Poderemos quedar sen axudas, sen terra ou sen saude. Pero non podemos deixar de chamar as cousas polo seu nome. E dado que o petròleo non sae polo momento dos carballos, haberia que mirar dende porque pasaba pola costa ese fuel, de quen era, onde ia, porque parou no mar, porque do mar chegou a costa, porque segue na costa, porque din que non existe fuel ningun. Vou parar, que estas son outras historias ¿Què como lle chamo eu o que pasou ? Ecocidio

Comments:|Comentarios
João on 07/01/2004
Eu puxera-lhe já no seu dia, eco-atentado, mas eco-cidio vale-me igual. Nunca Nunca na vida vou esquecer o som das máquinas escavadoras na praia, pitando ao dar marcha atrás, mentre o cheiro da peste essa te marea, e o vento zoa, e nom podes falar com ninguem…

Os comentarios están pechados.