NON TODO E CARBON. Adianto do documental sobre as Encrobas no youtube

Teño que felicitar os que están facendo, – Xosé Bocixa – ,os que xa fixeron , o documental sobre As Encrobas. Ogallá non seña o único. Ogallá moitos máis veñan tamén. Decenas, centos de visións sobre o acontecido. Ogallá A eléctrica fixera tamén a sua versión, máis iso non vai pasar: a película da empresa e a que vemos tódolos dias., xente dicíndoche despectivamente que se non de a ver de onde quitamos a corrente. Agora cos aeroxeneradores non o din tanto, e agora inda preto deles os cortes de luz continuan na Galiza como hay decenas de anos.
Gracias a Chuza e a si home si puiden ver no youtube un adianto (teaser) do traballo. Chorei, e quero dicilo, chorei por pena, e sobre todo porque alguén lle deu a oportunidade a xente.
[gv data=”4uEwMeiFeh4″ width=”425″ height=”350″][/gv]
“Non hay nada que legarlle os que veñen detras, porque todo o que eramos, temolo aqui (e sinala a cabeza) e temolo aqui (e sinala o corazón)”, di unha muller. Ten toda a razón
Niso a rede xoga un papel moi importante. Non podemos esquecer nosa cultura , e nosos sentimentos cara a nosa terra.

Gustariame que alguen me contase as suas historias con respecto a mina de As Pontes, porque so teño a miña historia persoal e as do meu redor. Non digo que poida facer un documental, pero se teño as suficientes historias algo poderei facer. Neste momento non podo ir, casa por casa, pero meu correo volta a funcionar, a si que se tedes algo que dicir, dadelle uso a conta:
Quixera saber a historia dos que tiveron que rematar marchando, e dos que fixeron a que inda hoxe en dia e cos seus 356 metros a construcción máis alta do estado español. Os que fixeron esa chimenea. Quixera saber todo iso e para facelo agora teño so a rede, e a maior parte dos protagonistas non teñen acceso a rede, ven o sei, pero habera algún, ou familiar ou coñecido que si.
Despois de ver o resumo do documental das Encrobas , eu tamen digo que son da Faeira (As Pontes). Lembro inda cando eu era un cativo, o “cura das Encrobas”, Moncho Valcarce, dando a misa na Faeira. E daquela eu non sabia quen era. Hoxe el non esta pero outros han de lembar o que pasou, e han de contar o que esta a pasar.
Han de roelo.
NON TODO E CARBON

Os comentarios están pechados.