Ontes sentei naquelas penas

praia do seixo negro #2

Ontes sentei naquelas penas, e mirei de lonxe a Burela, o fondo.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA.

A fábrica , de aluminio, alimentada a costa da contaminar o Forgoselo , a costa de pelexas por entrar a traballar entre fillosdé, a costa de empresarios de quentáki que lukfor young studente, near 20, good english speach,no seu hotel de compostela ,
e contaminando a costa.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA

A dereita está aquela piscifactoría que servía para enche-los bandullos dos que manexaban a tio Paco.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA.

O meu carón, un chalé construido riba de onde descansan meus antergos castrexos, celtas, chamádelle equis.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA.

Eu so quixera ir a praia
máis os ollos que ven o mar, ven o demáis.
Eu so quixera ir a praia
Eu quixera que os que escriben non foran tortos.
Eu vivo nun mundo irreal para os libros.
Eu quixera non falar de politicas, máis as polis so están nos libros.
Eu quixera que non nos votaran máis merda riba nosa.
Eu quixera que outros galegos mirasen o redor de sí.

Os comentarios están pechados.