Mariano Grueiro, candidato o senado por Lugo co POSI

Febreiro 22nd, 2008

Pois sí, presentareime nestas eleccións coma candidato polo POSI o senado por Lugo.

Os vindeiros días irei deixando artigos encol disto.

Hoxe, coma sei que non vai vir a prensa a preguntarme, deixo este artigo coma unha sección de preguntas frecuentes.

Primeira cuestión ¿ Por qué me presento coma candidato o senado pola provincia de Lugo co partido POSI?

Sinxelo, porque pedironmo ;)

Inda hoxe continuo sen estar afiliado a ningún partido político, e agora tampouco estou afiliado o POSI. O POSI ofreceume esa posibilidade e eu acepteina.
Considero que e moi importante poder ter variedade de partidos a hora de votar, e iso e especialmente importante en Lugo.

¿Algún dato máis con respecto a isto?

Si, hay dous feitos puntuais recentes que remataron de decidirme.

A manipulación dos poderes nas maos de Manuel Pizarro, que se votou a política. Este home, responsable da empresa máis contaminante de Europa sita na Galiza, nun debate ontes co ministro de economía Solbes, dixo que As Pontes tiña dereito a gañarse a vida co carbón ("Somos partidarios del carbón y que se investigue. Sitios como Asturias y As Pontes tienen derecho a vivir del carbón, y también me pregunto qué piensan hacer con el gas natural."). Pois a corrupción institucional co medio ambiente (as Pontes e o maior contaminante europeo e inda agardo a chamada de Manuel Pizarro para pedirme desculpas) , cultura (destrucción do círculo lítico) e política (millor que non de nomes) nas Pontes e ampla. Eu de industria competitiva vin pouco e de contaminación, toda. E se falamos de gas natural, falemos da bomba de gas de Mugardos e os problemas que xenera iso a Ferrolterra.

Este señor teria que estar condeado por moitas das cousas que fixo. Poderia tirar por outras vias alegais, pero coido que inda que todo o sistema anda podre, non hay nada coma tentar utilizalo para darlle a volta. As veces penso se todo isto non e parte do proxecto artístico SO2. Manuel Pizarro semella que fixera un happening de si mesmo.

Outro feito que me influiu para aceptar a candidatura. Foi ver como un dos senadores por Lugo foi Francisco Cacharro Pardo. ¿Sabedes o que fixo Cacharro Pardo en toda a lexislatura? 200 iniciativas? 50? 25 cecais?
Non.
So unha.
Repito, so unha iniciativa.
E cal foi esa iniciativa, algo a favor dos gandeiros ou labregos? algo para dar acceso a rede?
A única iniciativa de Francisco Cacharro Pardo foi preguntar polos invitados a inaguración dunha ponte.
Isto non mo estou a inventar, pódese consultar na páxina do senado.
Abofé que se saira escollido actuaría con máis resonsabilidade que el.

¿Por qué presentarme coma senador e non coma deputado?

Porque co senado non escollemos unha lista, senon una persoa. E porque permíteche participar de xeito directo nas iniciativas lexislativas que atinxen a xente e maila terra.

¿Existen probabilidades de que saia elexido?

Con estes medios, non. Precisaría - tomando os datos da lexislatura anterior- 90000 votos , e agás sorpresas, non vai acontecer. Nembargantes, iso non quita para que poida comportarme tan serio ou máis que outras candidaturas máis coñecidas que van o colo de partidos maioritarios con medios. Cada voto recibido e unha obriga con el, saia ou non escollido para representar a Lugo no senado.

¿Que pasa se saio elexido?

Que levarei a cabo o que di o partido POSI. Por suposto tamén levaria a cabo iniciativas propias que non entrasen en contradicción co partido. É doado.

¿Qué partido e o POSI?

Partido Socialista Obrero Internacionalista. Sección en España da IV internacional.

Coma as veces os partidos comunistas pérdense en siglas, datas e máis datos, resúmoo de xeito sinxelo.
A POSI e un partido comunista que propugna a cuarta internacional. Trotsky e outros tentaron levalo a cabo antes do comezo da segunda guerra mundial, pero os intereses dos xefes económicos votaronlles todo abaixo. Durante a segunda guerra mundial, asesinaron todos os responsables desta corrente de pensamento, e inda despois. Lembremos que xa so en EEUU non había un, senon dous partidos comunistas. Xa so por todo isto teñen meu respeto e apoio.

Neste PDF atópase un resumo encol do partido.

O contrario que outros partidos comunistas españois, o POSI non acepta a monarquía.

E dos poucos partidos que teñen o valor de enfrentarse as drogas: pensan que son usadas polo estado para manipular o proletariado e desvinculalo da sociedade. E de valorar este punto , en especial na nosa terra, na que aparte do EGPGC ninguén tivo o valor de enfrentarse de frente a este problema.

¿Como o POSI quere rematar coa situación de marxinación obreira actual?

Ve outra via que non o independentismo pero que inda asi e moi interesante: pensan que o millor e unir toda a masa traballadora do estado español, porque estamos divididos e os poderes sacan partido disto a nivel lexislativo. Coincido sobre todo coa última parte desta reflexión. Nesta ligazón tes máis detalles.

¿Que pensan da monarquía?

Pensan que a El Rei habería que darlle unha xubilación. Punto. Sen traumas, sen agresividade. Somos un estado moderno e como tal temos que comportarnos, sen necesidade de ninguén que nos tutele. Posto que suponse que o estado español e un estado democrático e moderno, sen que veña o cacique de turno a dicir que pega catro tiros e remata todo. ¿A que estamos a xogar? Temos democracia en España ou non? ¿Verdadeiramente podemos defender en liberdade nosas ideas? .

O partido POSI define a España coma unha "Unión de repúblicas libres dos pobos do estado español".

Eu prefiro que existan e se voten a varios partidos dereita en Lugo, coma Falange Española de la JONS (F.A. de la JONS), Falange Auténtica (F.A.) ou Alternativa Española (AES), e non o suposto PP, porque quen lles vota os verdadeiros partidos de dereita, sabe o que está a votar e non se leva a enganos, e non un partido de dereitas cacique que foi o cancro da Galiza durante tanto tempo, Que xoga o centrismo e non pasa de pailán.
Cadaquén e libre de votar a quen lle pete.

¿E para as próximas eleccións?

Nengún outro en partido se puxo en contacto comigo, así que en principio non seguirei, a menos que alguen volte a pedirmo: daquela voltarei a pensalo. Teño miñas propias ideas, pero cos meus actos demostro que son como se me ten acusado, nengún radical, e proba disto e esta candidatura.

¿Cal crees que e o estado das cousas e que pensas facer?

A resposta merece un minimo de análise, de xeito que respostarei cun artigo a isto os vindeiros días. Adianto que os partidos terían que antepoñer ante todo a actual crise enerxética co cénit do petróleo (peak oil), politicas de urxencia coa enerxia, proletariado e blindar a protección cos productos de primeira necesidade. Reforma lei hipotecaria, vivenda garantida. Frear no posible a brutal taxa de paro , emigración e fame que imos ter.

¿Faras campaña?

O POSI pediu un crédito ún banco para material da campaña. Foille negado, pero non asi a partidos maioritarios. Iso e inxusto e manipulador.

Inda que en Lugo tiven a total colaboración por parte da xunta electoral a hora de presentar a candidatura, o feito e que os medios son os que son: ningúns.
Non teño medios, e así e imposible sair escollido. Pero non polas ideas que represento, senon porque os partidos maioritarios son os que teñen os medios. Ben sei o ridículo que sería facer unha campaña na rede, cando boa parte da poboación de Lugo non ten acceso a rede.

O POSI foi investigado polo ministerio do interior, porque un rumor do xornal El Mundo dicía que o POSI era un partido encuberto de ETA. O que me faltaba xa, ser investigado polo CNI por relacións con ETA ¡veña hohhh! Xa de paso que me busquen relacións con Don Manuel Fraga Iribarne. (Esta é a fonte desta nova)

Con respecto as eleccións era boa cousa que todos fosemos a votar. E se pensamos que tódolos políticos e tódolos partidos son un noxo, votar en branco ou nulo (por exemplo, poñer no voto "Rosalía de Castro": se 10000 persoas fixesemos iso, seria algo moi serio).

ligazóns relacionadas:

Chuzame! chuzame -

Agresión da seguridade de María San Gil a rapaces independentistas do AGIR.

Febreiro 12th, 2008

No video publicado polo xornal el pais pode verse como ante a manifestación con motivo da presencia na universidade de Santiago de Compostela de María San Gil, ela e sua troupe (escoltas e seguridade privada) quixeron irrumpir diante dos manifestantes do AGIR. Varios resultaron feridos, o igual que so un dos escoltas, máis esta versión e ocultada polos medios.

Paréceme unha provocación o sucedido, e non se dan conta. Quero suliñar que sego en contra de utilizar a loita armada, pero inda este suceso sen selo, agora os españolistas dirán de todo sobre Galiza, máis paréceme unha provocación organizar estes actos na universidade.

Como xa contarei noutro momento, coido que seria posibel unha España de repúblicas libres. logo que non me veñan coa excusa de radicalidade. Repúblicas e non monárquicas. E Tamén poderemos falar do independentismo galego, pero non creo en ir por ahi deixándose provocar, sobre todo pola xente que ven unha terra na cal un ministro de Franco governou ata hay nada e da cal creen inda que e seu cortijo. Esta muller saiu na COPE -radio que escoito a diario- falando da sua agresión. Tamén falou unha muller que chamou a radio dicindo que dáballe vergoña ser galega e que sucedese iso. Pois a min non me da. Tamén -a muller- dicía que para que servia o galego e con quen ia falalo. Señora, digollo eu, eche millor que saber C++ porque non falas con máquinas, senon con persoas, e inda que fose para falar cunha pagaria a pena aprendelo. Pero e que co galego pódese falar con varios millons de persoas, tanto de galegofalantes coma de variantes (portugues e portugues do Brasil).

Iso si, na COPE non falan da carga policial de fai uns dias, nunha manifestación a favor do galego, na Coruña.

Chuza , Vieiros e A nosa terra fanse eco da nova
Adiante e moito ollo, non nos deixemos provocar.

Chuzame! chuzame -

el pato drogas se mete tripis

Decembro 14th, 2007

(o parrulo droghas métese tripis sería unha mala traducción, a boa sería el pato drogas métese tripis; pato drogas versus pato Donald Fauntleroy)

"el pato drogas te desea feliz navidad"

Chuzame! chuzame -

os chemtrails do 11 e 12 de septembro de 2001 na Galiza

Decembro 10th, 2007

Agardei máis de seis anos e non vin na Rede comentarios do que vou contar, asi que darei por primeira vez meu punto de vista do asunto.

O 11 de septembro do ano 2001, alguen que estivese desconectado dos medios, observaria algo moi extrano no ceo de Ferrolterra/As Pontes.

Os chemtrails.

O 12 de septembro, máis inda. A ollo contara uns nove-once chemtrails a vez.

E uns poucos o 13 de septembro.

Endexamais vin tantos na miña vida.

¿Onde estaba a xente? Vendo a tele. Ou flipados mirando os televisores no Alcampo de Ferrol.

Eu puxen a radio do erreonce e adiqueime a pasear pola zona de Mugardos, pola fraga do Eume e por As Pontes.

Cando vin o que pasaba e que a cousa ia en serio, quedeime pechado nunha casa dunha aldea durante tres dias, escoitando a radio. Por iso nunca me crin a verdade oficial. Non puxen a tele e non esnifei o de fora.

Algun listo pensaría que tódolos aqueles chemtrails eran tráfico desviado. A min tamen se me pasou pola cachola.

Non cola, era Ferrolterra, non EEUU.

Non teño nen idea dos motivos polos que fixeron cos chemtrails, pero temos pistas.

O petróleo acábase, o banco europeo anda inflando o globo e os políticos falan de cousas que non interesan a xente. Os chemtrail tamén axudan.
A independenza galega non será obra de Castelao, senon da falta de TRE desta sociedade que vai esvaecendo por non querer deixar de medrar.

Os tempos son chegados

Chuzame! chuzame -

duas fotos da entrada da ria de Ribadeo

Decembro 6th, 2007

Dúas fotos da entrada a ría de Ribadeo.

Tardei en ter unha cámara nova porque tódalas cámaras de formato pequeno ("tipo 35 mm")  esquecen poñer visor óptico, e seu control manual parace un mal chiste.

Sorte de atopar a Ricoh GX100, que inda que ten visor electrónico, fai moi ben sua función, e a moi bo prezo. Utilizar os controis manuais nesta cámara e algo garimoso.

O único problema e atopalas, pero algo semellante a ela so atopaba as leicas dixitais, o que era peor solución.

Cargadeiro e entrada da Ra de Ribadeo

Entrada da Ria de Ribadeo e ponte dos Santos

Por suposto, sego a facer fotos coa Mamiya c330,  máis atopábame con que en formato pequeno so tiña a Nikon FE: a cámara que utilizaba para tomar anotacións dixitais, a caplio, coido que pasou a millor vida e so quedará para videoblogs.

Chuzame! chuzame -

pintaron con otros ojos el mundo que va a desaparecer sumergido en las profundidades

Decembro 4th, 2007

Un dos 5 pintores participantes no certame de pintura rápida patrocinado por ENDESA nas pontes, Alfonso Costa, resumiuno moi ben:

<<Pintaron con otros ojos el mundo que va a desaparecer sumergido en las profundidades. Son los testigos del tiempo que hacen posible el milagro de la memoria>>

emprazamento A Mourela, As Pontes

ENDESA, sei que me lees, toma outra nota máis: poderedes encher o lago, barrernos do mapa e sumerxir nas profundidades a vosa merda, pero sempre terémolas palabras.
O que estades a facer non ten perdon.
Tranquilos, que eu non son mafioso coma vos, que xogades co futuro da xente a golpe de cacicada e contaminación, a forta de apoio cultural e demanda xudicial.
E todos os que traballades para ENDESA, que inocentes sodes. ¿Pensades que os vosos fillos comeran outra froita que veña fora deste planeta?¿pensades que respiraran outro aire?

Os vosos fillos so terán un coche que contamine máis que o meu, porque esa foi a vosa herdanza. Sua aprendizaxe foi que mirasen para outro lado cando o neno facia preguntas. Por qué o Antón xa non vive eiqui. Por qué a avoa xa non fai compota. Por qué se vai a luz da Xosefa se está o pé da central. Papá por qué non temos que pagar a corrente se traballas na central. Mamá porque non podo chatear.
Mariano co smart na finca do muiño

Toma as chaves do coche neno e vai correr polo monte, coma os de InitialD.
En troques de tofu levaredes queixo sulfuroso feito por caciques.
Herdanza.
A que recibin da miña avoa foi apreciar a terra. Por iso eu despreciovos. Peideiros.

Chuzame! chuzame -

contas de correo de balde teunome@enderezo.com | 5gb por conta en enderezo.com | Isaac traizoado , longa vida a Isaac Diaz Pardo!

Decembro 3rd, 2007

A andaina de enderezo.com comezou no ano 2002.

Queria montar un servidor que dese contas de correo de balde, nun dominio con nome galego.

Curiosamente o dominio enderezo.com nunca fora rexistrado ata entón.

O sistema estivo funcionando varios anos, ata que tiven que emigrar. O problema non era administrar o sistema dende fora. O problema era que parte do proxecto era que o servidor estivese na Galiza. E iso non puido ser. Habia e hay continuos cortes de corrente, que non poden ser solucionados cun sinxelo SAI. Administradores de hacklabs rurais saben ben o conto. Tamen habia outras cousas polo medio. Era máis complexo que meter o servidor nun portátil.

Tras un periodo de tempo funcionando cun servidor de pago, o sistema foi desconectado. ("non, non podemos modificar a cuota de usuario para evitar que un usuario se quede coa cuota dos outros 70" [!!!!!!!!!!!!!!]: para estar asi mellor voltar os cortes de corrente ou desenchufar todo)
Fai uns dias vin que google da servicios de aloxamento de balde e dominios externos.

Asi que poño de novo en marcha o conto . Os servidores non están na Galiza, pero hoxe vexo que, excepto a alguns usuarios e a min -inda hoxe- , coido que o resto da sociedade dalle igual que teñamos unha boa infraestructura tecnolóxica na terra.

E un pouco triste. Sempre imaxinara un centro con servidores pequeniños, de moi baixo consumo, mantidos polo sol, en calquer vila galega.

So foi outra das miñas visións. E triste porque cos anos e despois de aprender a mallar código e peneira-las redes coido que o problema non era precisamente técnico. Pero vin que todo esto non e nada comparado co que lle esta a pasar a Isaac Diaz Pardo. Os actuais xestores seica pensan votalo. Xa o sacaron do mando e agora isto.

Isaac, se non e por ti hoxe non seria quen son.

nen plan galicia, nen proxecto fin de carreira da costa galega, nen so2, nen podcast, nen proxecto esquío nen nada de nada.

O igual que non me esquezo dos que me ameazaron, hoxe lembro para non esquecer os que hoxe che ameazan. E tento tirar para diante. E se a cousa  non saiu dun xeito hoxe saira doutro. E a miña homenaxe o meu estilo.
Se alguen quere contas de balde, so ten que mandar un correo a carteiroATenderezoPUNTOcom cun nome de usuario (mellor se son varios por se está tomado) e nome e apelidos.

Sempre me gustou moito este nome de dominio.

(nota: o simbolo co sobre feito con pluma caligráfica non e unha copia do sobre de gmail: gmail e de 2004, enderezo.com, do 2002)

http://www.enderezo.com

http://correo.enderezo.com

longa vida a Isaac Diaz Pardo. El non so tiña visións con Galiza, foi quen de materializalas. E sen recurrir a Google ;)

Apoiamos a Isaac D�az Pardo

Chuzame! chuzame -

Cartas a un joven español. / AZNAR, Jose Maria. = os vintedous euros millor gastados

Outubro 24th, 2007

aznar

Dous euros máis barato que o de Calvo Sotelo.

Refirome a Leopoldo, o sobriño, o ribadense expresidente de governo, que no seu momento publicou unhas memorias parciais chamadas "pláticas de familia". Merqueinas por 24 euros, editorial la esfera de los libros.

Cando vin hoxe que José María Aznar facia algo semellante, funme o Hipercor a mercalo. Tiñan un feixe deles riba dunha táboa. "Cartas a un joven español", di o titulo.

Vintedous euros. Que poucos cartos para te-la oportunidade de ler a un amigo do señor ArBushto.

Dirixese a un tal Santiago. Terei que dicirlle a Santiago Sanjurjo que vou escribir un libro dirixido a el, eu chamariao "Cartas de un joven español" ou "Cartas a Chema" ou tamén "Cartas al mas tonto de la calle Ibiza".

Admito ter descargado, moitos libros, sobre todo con licencia libre, pero este tiña que mercalo. E sei a quen van os cartos. E se inda non o sei, sabereino millor cando remate de leelo.

Polo momento xa estrenei o meu blog en castelán; tiña a conta creada pero estaba agardando unha oportunidade. Oportunidade coma esta.

Non sei se quedarei o comezo do libro, coma me pasara co Die Blechtrommel de Günter Grass, ou se sera entretido, coma o da sua muller Ana Botella (" Mis ocho años en La Moncloa"), pero coma dixen, este libro merece un "carta de un joven español".

Feita , por suposto, por un "joven español".

Chuzame! chuzame -

Yolanda Castaño ….. ¿por que non me defendiches ante Fraga no 2004?

Outubro 17th, 2007

Por qué non me defendiches cando pasou o do peche do plan Galicia?

A min tamen me criticaron duramente dende os comentarios do meu blogue. Deben estar inda nel.

Por qué ti e tantos outros calabades ante o que pasaba cos artistas que estabamos a marxe da era Fraga?

A marxe daquela de Fraga e alguns inda agora a marxe do governo actual.

E hoxe o que fas e calarlle a boca a Aduaneiros sem Fronteiras.

O meu pulo para eles.

Meu rexeitamento cara ti.

O bo de non depender de orzamentos para tua obra artistica ten estas cousas: de cando en vez podes opinar.
Ti tamen, Bruto.

Comunicado de Aduareiros sem fronteiras

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráficoTu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

alfandega@aduaneirossemfronteiras.org

Chuzame! chuzame -

libros que ando a ler

Agosto 23rd, 2007

Image
Estes son meus, pero como teña que pagar vinte pesos , de xeito directo ou en forma de impostos indirectos, por tódolos libros que collo da biblioteca, vou apañado.

Chuzame! chuzame -